20 oct 2013

[Pontevedra] Ataque fascista ó centro social Revira

Colamos correo recebido ao respeito:

Onte, 19 de outubro, o C.S. Revira, local en Pontevedra afín á esquerda independentista aínda que aberto a outras sensibilidades e movementos sociais da cidade, amanecía con tres pintadas, unha delas co lema "Galicia es España", outra co lema "¡Fuera separatistas!" e por último unha terceira que representaba (malamente) o símbolo do sindicato Respuesta Estudiantil, o cal nega o seu carácter fascista ó mesmo tempo que demostra cos seus actos e discursos así como tamén co pasado de varios dos seus cabecillas que non son máis que un novo intento da extrema dereita de inmiscuírse nos movementos sociais (neste caso, no eido do estudantado) buscando sacar réditos políticos mediante o populismo e a adopción oportunista dun discurso de aires antisistémicos pero contradictorio, manipulador e absurdo.

Ademáis, no edificio onde vive nun dos pisos unha rapaza habitual deste centro social apareceron pintadas unha cruz céltica (símbolo neonazi ben coñecido) e o insulto "Cerda".

Cabe sinalar que xs responsables deixaron a carón do C.S. tirado no chan o sprai que empregaron para pintar (fai falta ser "iluminao" para facer unha pintada e deixar o bote tirado no mesmo lugar...). Engado fotos que amosan que o sprai era dos que se poden mercar en calquer bazar dos chinos e que se usan para pintar o pelo nos carnavais e outras festas. Preguntámonos se o racismo e xenofobia destes notas non lles impide mercar nos chinos un sprai. Por outra banda, atacar un centro social independentista cun sprai de pintar o pelo ten canto menos mérito. Se querían dar pena (e risa), usando esta clase de material tan "sofisticado" nas súas accións conseguírono. Se pretendían intimidar ás forzas opostas ó fascismo en Pontevedra, pola contra, están lonxe de ter éxito.

Onte persoas do local e solidarias que nos prestamos a axudar estivemos limpando e as pintadas prácticamente xa desapareceron. O local continuou coa súa actividade cun campionato de futbolín aberto.

Fascistas fora, nin aquí nin en ningures.
Dade a cara, cobardes...

No hay comentarios:

Publicar un comentario