22 oct 2013

"Odiar, algo tan revolucionario e tan sinxelo" texto de Silvia Delgado

Traducimos do seu blogue "Si Vis Pacem"

Creo que o odio está aletargado, que non odiamos o suficiente, que non odiamos como se debe odiar cando nos deixaron en pelotas, orfos de liberdade e de xustiza.

E creo tamén que só con odio poderiamos facer que nos teman.
O sistema vai un paso por diante e sabe que canalizando a rabia, confundíndoa, fragmentando as loitas, encarcerando aos que disenten, multando aos que se rebelan, intoxicando, enganando con mornezas, con propostas que xiran un pouco á esquerda, presentando mesías fagocitados con cara de bo rolo e palabras escollidas sen azar, con todo isto, o odio se disipa e nos enganamos convencidos de que é posible construír sobre estas areas movedizas de espanto.
Somos arquipélagos cabreados sen o cordón umbilical que debería unirnos para non os deixar avanzar nin un paso máis.
Non hai moito, un mozo morreu de fame.
Isto debería ter sido suficiente para incendiar as rúas.
Nenos con fame, vellos doridos e desnutridos, mulleres, homes, resgando en lixeiras, revolvendo os refugallos para alimentarse, un pouco, un anaco, toda unha vida.
A fame, é motivo para odiar.
Os farrapos, son motivo para odiar.
Odiar feramente dende as entrañas, con todas as vísceras, con todas.
Pa que haxa pan, teito, salario, abrigo.
Algo tan revolucionario e tan sinxelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario