17 oct 2013

[A Coruña] A Xunta recoñece a situación de extrema vulnerabilidade social no caso Elisabeth

Nova nota de prensa de Stop Desafiuzamentos de A Coruña:

Dende STOP DESAFIUZAMENTOS CORUÑA queremos informar de que hoxe (NdeA: por onte) por fin Elisabeth obtivo unha resposta institucional. Tras poñerse en contacto a afectada co Servicio de Coordinación de Servicios Comunitarios, dentro da Consellería de Benestar, informáronlle de que non hai notificación dunha nova data de lanzamento, e que se recoñece unha situación de extrema vulnerabilidade social, maior do que consideraban inicialmente (cabe recordar que os Servicios Sociais locais negaron esa vulnerabilidade insistentemente).

Carlos Santos, xefe do Servicio de Coordinación, plantexoulle persoalmente a necesidade urxente dunha nova vivenda, coa intención de alongar a próxima data de lanzamento pola imposibilidade legal dunha paralización.

Salientamos que por fin se recoñeza a necesidade e o dereito a unha vivenda para Elisabeth dende os organismos institucionais, e lamentamos a ineficacia do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que tras adxudicarlle o 25 de outubro de 2011 unha VPO (vivenda de protección oficial) inadecuada ás súas características, non resolveron o seu erro inmediatamente. Ó final, toda esta situación vén provocada por un erro administrativo non resolto.

Todo esto non se tería conseguido sen as incesantes mostras de apoio e a desobediencia civil amosada durante estes días.

Moitas grazas pola vosa atención,

STOP Desafiuzamentos A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario