12 may 2014

[Euskalerria] Un protesto cidadán evita un acto fascista en Erronkari (Nafarroa)

Ao igual que na noticia anterior falamos de como os neonazis gregos foron escorrentados por antifascistas, tambén máis perto de acá, aconteceu un suceso similar, que obrigou aos fascistas a ter que suspender o seu acto "ecoloxista" e sair por patas ante os protestos da xente de Erronkari, vila situada no val mais oriental de Euskalerría. Colamos esta información de Gara-Naiz:


En resposta á convocatoria deste domingo do grupo ecoloxista "Hispania Verde" vinculado á formación fascista Movimiento Social Republicano (MSR) dunha concentración en Erronkari sob a escusa de reclamar a reintroducción do oso pardo no Pirineo, duzias de persoas se concentraran baixo a lenda ‘Contra o fascismo, Erronkari tinko’ evitado a concentración. A Gardia Civil escoltou aos compoñentes do colectivo fascista que tiveron que abandoar a vila tras permanecer uns poucos minutos nela.

O oso é a escusa de grupos fascistas para manifestarse en Erronkari, Hispania Verde e Pecta (Patriotas Españois contra o Maltrato Animal) son as plataformas que emprega o MSR para tratar de introducirse no mundo ecoloxista e captar adeptos para a ultradereita.

Ante a resposta cidadá, o grupo fascista respondera na súa web que «ningún proetarra nos condicionará, nin ningún 'sandia' nos dará leccións de nada. Somos animalistas, somos ecoloxistas». Pero o certo é que a protesta cidadá imposibilitou o acto deste grupo fascista.

Segundo relataron testemuñas a NAIZ, a partir das 11.00 da mañá decenas de persoas reuníronse na ponte de Erronkari para mostrar a súa repulsa á concentración fascista. Cara ás 12.30 chegaron os integrantes do colectivo ultradereitista escoltados pola Garda Civil. Protexidos en todo momento polo Instituto Armado, despregaron unha pancarta e trataron de facerse oir cun megáfono. Nese momento, os cidadáns reunidos comezaron a crear un estrondo (mesmo usando motoserras) que fazía imposible que se escoitasen as proclamas dos fascistas.

Despois duns poucos minutos os cidadáns forzaron aos integrantes de Hispania Verde a retroceder acompañados da Garda Civil. Debido á presión cidadá non puideron volver ao lugar onde lles deixara o autobús e tiveron que camiñar por unha senda rural. Segundo relatan testemuñas, camiñaron durante quilómetros ata chegar a outro punto onde lles recolleu o autobús.

Os veciños que contactaron con este medio mostráronse moi satisfeitos pola resposta cidadá, protesta que logrou que o acto promovido por esta organización de corte fascista finalmente non se puidese levar a cabo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario