O compa do blogue "Rebelión de las Palabras" enviounos estes días un panfleto que se repartiu nos últimos días na estación de tren de Pontevedra, deixado dentro dos propios trens,o no que reflexiona sobre as mortes da curva de Angrois en Compostela á raiz da imputación de varios membros da empresa estatal ADIF nas obras do AVE de Barcelona. Colamos tal como nos chegou:
ADIF As vosas mans están manchadas de sangue!
O xuíz Alaez ven de imputar a varios altos cargos da empresa ADIF por delitos de corrupción. Estas persoas son responsables de sobornos, prevaricación e roubo de varios millóns de euros destinados nun primeiro momento ás obras do AVE, inflando presupostos e alterando datos das obras para desviar logo os cartos investidos a maiores.
Fai uns meses, unha traxedia oscurecía as nosas miradas enchendo de bágoas os ollos de moitas familias. Un tren a toda velocidade descarrilaba ó seu paso polo barrio de Angrois, en Compostela, matando a moitas pasaxeiras e ferindo gravemente ás demáis, tanto a nivel psicolóxico coma físico. Son moitos/as os e as cidadáns/ás galegas ou non que perderon familiares ou amigos/as naquela traxedia, unha traxedia que se podería ter evitado de
contar as vías coas correspondentes medidas de seguridade, que xa foran propostas no comezo das obras pero que, por diferentes razóns (corruptelas duns e outros) non foron debidamente instaladas, dando lugar a unha serie de irregularidades ignoradas ata que foi demasiado tarde e o sangue salpicou a quenes menos merecían pagar as consecuencias.
Eses que amasan moreas de cartos roubados mentras se parten de risa coas desgrazas que causan os seus chanchullos son os que logo pretenden darnos leccións de moralidade e xustiza, enchendo a boca con discursos que falan de respecto á propiedade privada, de traballo duro e esforzo. Nós dicimos que xa abonda de tomaduras de pelo.
Isto non é máis que outro exemplo de como nesta sociedade noxenta non hai fortuna honesta, e que os auténticos ladróns, os crimináis e os terroristas visten traxe e corbata, e case nunca pisan o cárcere.
Convidámosvos a todas a tomar a iniciativa contra RENFE-ADIF. Espallemos a información que se nos agocha dende os principáis medios de comunicación, que pagados por estes empresarios serven ós seus intereses. Ataquemos as súas obras de todos os xeitos posibles. Sexamos creativas...
Se perante esta situación decides non facer nada, pensa que ti tamén poderías ter sido unha víctima no accidente de Angrois. As mortes non foron casualidade, teñen culpables e todas sabemos quenes son. Fagámoslles pagar.
Non foi un accidente. Foi unha matanza.
12 may 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario