12 may 2014

[$hile]35 días de Luita - Seguen as manifestacións de apoio aos prisioneiros Mapuche en Folga de Fame Indefinida. Un outro preso sumase. Comunicados

Recollemos da web País Mapuche estas informacións ao respeito da folga de fame indefinida no cárcere de Ángol:

Pasados xa 35 días do inicio da folga de fame multiplícanse as acción solidarias tanto en Wallmapu(1) como en territorio chileno.

Unha destas accións comezou o venres 9 pasadas as 21 hrs. cando no sector de Chiguaihue un continxente policial, que realizaba o relevo nese sector foi atacado a tiros. Esta acción súmase, ao ataque a unha patrulla a semana pasada na mesma parcela e ademas aos incendios dun galpón de propiedade de Rene Urban no fundo Santa Melanie e de dous camións no sector de baixo Malleco, e os ataques con armas de fogo a vehículos policiais rexistrados os días anteriores na zona de Quechereguas e El Pozón.

Mentres que durante a mañá do sábado 10, unhas cen persoas realizaron un Llellipun(2) nunha praza dos arredores do Welen Winkul (outeiro Welen ou outeiro Santa Lucia para os wingkas(3)), situado no centro da capital chilena, Santiago, para logo proceder á toma do outeiro. A ocupación nace "ante a nula resposta que entregou o estado pola folga de fame de 34 días que levan a cabo os nosos irmáns", sinalaron nun comunicado os manifestantes.

A protesta que duro varias horas, e na que se despregaron faixas, foi violentamente reprimida por carabineiros, quedando varios peñis e lamngenes(4) detidxs e feridxs polo actuar policial: "fomos brutalmente reprimidos sobre todo as mulleres por forzas especiais, os cales lanzaron bombas lacrimóxenas a queimarroupa, resultando varias lamngenes con principio de asfixia".

Das 18 persoas detidas, só catro lamngenes pasarán mañá luns (hoxe domingo) a ser encausadas por danos a monumento nacional e desordes graves.

Comunicado Publico da toma do Welen Winkul

Á opinión pública nacional e internacional, aos nosos peñis en Folga de Fame e as súas familias:

Kiñe (5): hoxe sábado 10 de maio durante a mañá, realizamos unha acción de repudio, ante a nula resposta que entregou o estado pola folga de fame de 34 días que levan a cabo os nosos irmáns.

Epu: como mapuches recuperamos o outeiro ulen, territorio historicamente, nun acto de resistencia dando sinais de que SE TOCAN A UN MAPUCHE NOS TOCAN A TODOS.

Küla: fomos brutalmente reprimidos sobre todo as mulleres por forzas especiais, os cales lanzaron bombas lacrimóxenas a queimarroupa, resultando varias lamngenes con principio de asfixia.

Meli: deixamos en claro que as manifestacións se acrecentarán se o estado chileno non dá solución á folga de fame.

Santiago 10 de Maio, 2014

As seguintes son as lamngenes que serán encausadas mañá por infracción á lei de monumento nacional:
-Rocio Pizarro Ñankuleo
-Orieta Becerra Marilao
-Soledad Rojas Martínez
-Marisol Quijon Torres

.........................
A 35 días de Folga de Fame, preso Mapuche Cristian Curinao se suma á mobilización (+ Comunicados)

COMUNICADO PUBLICO de Cristian:

Ás comunidades en resistencia, á opinión pública nacional e internacional: O meu nome é Cristian Curinao Catrileo, teño 20 anos de idade, son da Comunidade Coñomil Epuleo da comuna de Ercilla, Preso Político Mapuche dende o 12 de marzo deste ano, comunico o seguinte:

Kiñe: Que dende o día sábado 10 de maio, ás 17:00 horas, me sumei á folga de fame liquida levada a cabo polos meus irmáns Leonardo, Luis e Cristian, xa que non hai unha vontade política de parte do estado de Chile para resolver o petitorio dos meus peñi.

Epu: Fago miña o petitorio dos meus peñi, porque levo máis de dous meses de prisión preventiva só por unha montaxe da fiscalía de Collipulli, apoiados por avogados do goberno e os servizos de intelixencia que operan na zona contra mapuche.

Küla: Que toda esta montaxe se fai nun proceso por lei ordinaria, pero está argumentado e con probas propias da lei antiterrorista. Só a declaración dunha testemuña sen rostro é a única "proba" que presentaron para manterme en prisión.

Meli: O uso destas testemuñas mentireiras e sen rostro, é o motivo máis importante que me motiva a sumarme á folga de fame, xa que a ilegal figura da testemuña sen rostro me afecta directamente ao min agora, pero veu mandando a prisión a moitos dos meus irmáns mapuche.

Kechü: Que me solidarizo coa petición de indulto ao peñi Mariano Llanca, porque é claro o seu grave estado de saúde e tamén apoio a petición dos meus peñi ao seu traslado ao CET de Angol, para así poidan traballar a terra e manteñan a súa relación con ela.

Fin ás testemuñas secretas contra Mapuche

Liberdade a todos os PPM

Amulepe Taiñ Weichan, MARRICHIWEW

Cárcere de Angol, 11 de maio 2014


A decisión de sumarse á folga por parte do peñi ten relación a que, tanto no caso del coma noutros, se segue utilizando a figura da testemuña protexida en procesos vinculados á reivindicación territorial, ademais da nula resposta do goberno bacheletista ante as demandas dos comuneros.

COMUNICADO VOCEIRA FOLGA DE FAME DOS PRESOS POLÍTICOS MAPUCHE DO CÁRCERE DE ANGOL

Comunícase á opinión publica local, nacional e internacional o seguinte:

Kiñe.- Os presos Políticos Mapuche reafirman a postura da folga de fame ata as derradeiras consecuencias fronte á nula vontade de dialogo que mantivo o goberno de Bachelet. Non obstante recalcamos que a nosa vontade de dialogo é permanente para a resolución do petitorio dos nosos peñi en folga de fame.

Epu.- A 35 días de ter iniciado a folga de fame e ante o deteriorado estado de saúde que presentan os peñis, solicitaron a visita no modulo no que están recluídos, o director nacional de Xendarmaría negouse á devandita petición, restrinxindo tamén o numero de visitas a dúas persoas por preso.

Küla.- Ao non ter resposta ningunha por parte do goberno cara ao petitorio dos folguistas, con data 10 de maio do 2014, o peñi Cristian Curinao decidiu sumarse á folga de fame en apoio aos nosos peñis e ao mesmo tempo cuestionando a utilización de testemuñas protexidas na súa causa, que o mantén hoxe en calidade de imputado.

Meli.- Polo delicado estado de saúde dos folguistas decidimos instalar un campamento aos arredores do cárcere de Angol, para estar en constante comunicación e alerta á saída dos peñis cara a calquera recinto hospitalario.

Kechü.- Facemos un amplo chamado ás diferentes Comunidades en Resistencia, Organizacións Sociais e Estudantís a facerse presente nas distintas accións en apoio á folga de fame dos Presos Políticos Mapuche recluídos no cárcere de Angol.

LIBERDADE AOS PRESOS POLITICOS MAPUCHE!!!!!
MARRICHIWEU !!!!!!!!!!


.....................
Notas:

(1)Wallmapu, Wall Mapu ou Wajmapu.- em Mapudungun: "território ancestral mapuche"
(2)Llellipun.- Ritual mapuche, rogativa na que se pede axuda divina na solución dos problemas da gente
(3)Wingkas.- Os non-mapuche, sexan españois ou chilenos
(4)Peñis e Lamngenes.- Compañeiros e compañeiras
(5)Kiñe, epu, küla, meli, kechü.- 1,2,3,4,5,...

Máis información acá en Abordaxe sobre esta luita:

- Presos Políticos Mapuches en Folga de Fame Indefinida - Comunicado Público

- 12º Día de folga de fame dos Presos Políticos Mapuche no cárcere de Angol. 2° COMUNICADO PÚBLICO

- Familiares dos prisioneiros Mapuche en folga de fame ocupan un módulo da prisión de Angol


No hay comentarios:

Publicar un comentario