Fanos chegar o enlace con o primeiro número de Malpaís, Fanzine de Crítica Lugareña, feita en Lavapiés mais que trata temas de varios lugares. Colamos (traducidas) a noticia da súa saída ás rúas e a internet e o índice deste Fanzine, mais ben revista, de 108 páxinas, da que podedes ler acá o seu "Sermón de presentación" (en castelán)
Por fin está a dar voltas o nº1 de Malpaís, un fanzine de crítica paisana. Pódelo encontrar fisicamente por aquí, e tamén podes descargar un pdf aquí. Se queres distribuír o fanzine, colaborar, ou facer calquera crítica ou pregunta, escríbenos a malpais@riseup.net
Contidos do nº1 de Malpaís (108 páxinas, b/n, 4 €)
[4] Desexo por igual...
[5] Sermón de presentación
[8] Rodea o Manifestódromo
[10] A morte da rúa na cidade actual. Tres paseos polo Pau de Vallecas
[24] Vivan as mercerías
[29] Lavapiés fronte á xentrificación
[44] Ocupa a túa praza
[46] Ordenanza cívica de Granada. A cidade como cárcere veciñal e decorado exclusivo para o consumo turístico
[55] Turismo industrial e consumo de lugares exóticos
[68] Cantos de poder na Amazonía. Os anen, unha relación de wakán a wakán
[73] Canto para chamar o Ajutap Martín, o muiñeiro de Villamayor de Campos
[74] A revolta das cabanas
[79] Para construír unha cabana
[81] Ao redor dunha cacharela imaxinada. Conversacións en vilas okupadas de Navarra
[99] Avisos e Recensións
[100] Breves lazos de memoria. Dorita e a manifestación lóstrego
[103] Algunas loitas activas en defensa do territorio no estado español
[108] Sopa de alegrías
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario