Reproducimos esta convocatoria que parte do recén constituído Movemento de Loita Popular (MLP)* e que vimos de recibir na nosa caixa de correos:
Mentres políticos, empresarios e algúns funcionarios están mirando a hora no seu Rolex para ver cando se poden escaquear a tomar o café, o pobo da Coruña sofre o desemprego e a exclusión social, desesperándose para poder chegar a fin de mes.
Mentres políticos, empresarios e algúns funcionarios brindan con Vega Sicilia ou champaña, o pobo da Coruña fai cola na cociña económica.
Mentres políticos, empresarios e algúns funcionarios van de vacacións ao Caribe, o pobo da Coruña ten que ir camiñando de punta a punta da cidade porque o prezo do transporte “público” non permite nin coller o bus.
Mentres políticos, empresarios e algúns funcionarios desfrutan de boas casas, o pobo da Coruña esta sendo desafiuzado dos seus fogares, facendo dun dereito básico un privilexio para ricos.
Diante desta situación, onde políticos, empresarios e algúns funcionarios enriquécense á nosa costa e fan da corrupción e do mal goberno un “estilo de vida” o MOVEMENTO DE LOITA POPULAR* fai un chamado urxente á participación na MANIFESTACIÓN que terá lugar HOXE. sábado 5 de Abril, para iniciar o camiño de loita que nos levará a sacar do noso concello a estes políticos e empresarios, exemplo cruento do que significa o Capitalismo: EXPLOTACIÓN, REPRESIÓN e CORRUPCIÓN.
*O Movemento de Loita Popular (MLP) formámolo recentemente un grupo de activistas de distintos movementos sociais que a nivel particular precisabamos doutras ferramentas de acción social alén das xa existentes, cun contido máis fondamente anticapitalista ó tempo que aberto a distintas sensibilidades.
Agardamos que resulte do voso interese acudir e, en todo caso, vémonos na rúa nesta e en seguintes mobilizacións. Graciñas!!
Un saúdo,
Movemento de Loita Popular (MLP), A Coruña.
Pois para ser un movemento "plural" de "loita popular" ten unha simboloxía ben comunaca
ResponderEliminar