As compas que levan a organización do Encuentro del libro anarquista de Salamanca fanos chegar un seu correo notificando que este ano participan activamente destas xornadas aportando a proposta da presentación dolibro "Cárceles en Llamas" de César Lorenzo y nos facilitan o programa de actos previstos, que ampliamos con a información e cartazes que recollimos do blogue da propia Marcha xunto a este texto explicativo (que traducimos):
XVIII MARCHA A TOPAS
Un ano máis (e xa van 18) volvémonos xuntar non só para invitarvos a reflexionar sobre o cárcere e o seu papel no actual modelo social, político e económico, senón tamén para animarvos a unirnos para denunciar a crua realidade do Sistema Penitenciario e para mostrar o noso apoio e solidariedade a aquelas persoas que o sofren a diario.
Falar de todo o relacionado co cárcere e sobre todo, poñer en cuestión a súa existencia, é sempre complicado pois hai moitas ideas moi arraigadas: "que se están alí é porque algo terán feito", "que pasaría cos violadores", "se viven como deuses que teñen ata ximnasio", etc. Pódense chegar a escoitar opinións para todos os gustos e algunhas moi disparatadas, pero nós, a pesar de ser mares de dúbidas, temos algo claro, e é que este mundo está dividido entre os que mandan e os que obedecen, entre os de arriba e os de abaixo, entre a clase política e empresarial, e nós, traballadores, estudantes, amas de casa, parados, pensionistas, inmigrantes, buscavidas, etc., e para manter o actual estado das cousas, que tantos beneficios lles reportan, o cárcere xoga un papel moi importante, pois non só permite encerrar e illar a aqueles que se saian do establecido senón que ademais consegue que os demais andemos con medo, por se algún día rematamos dentro.
Para finalizar, tan só queriamos remarcar a importancia, nestes tempos que corren, de reflexionar, debater, ser críticos e actuar contra aquilo que nos impide ter o noso destino nas nosas propias mans.
Un saúdo, esperamos poder encontrarnos polo camiño.
XVIII Marcha a Topas do 3 ao 6 de Abril Todas as actividades (excepto a propia Marcha)
serán no CSA La Perrera (C/Vitigudino, 7)
Xoves 3 de abril
20:30 Concentración contra os cárceres "Nen FIES nen dispersión nen enfermos en prisión" (na Praza del Liceo)
Venres 4 de abril
20:30 Charla "Colectivos invisibilizados en prisión" con Myriam de Cáritas
Sábado 5 de abril
17:00 Charla "Cárceles en llamas. El movimiento de presos sociales en la transición" con César Lorenzo
Domingo 6 de abril
XVIII Marcha ao cárcere de Topas
15:00 saída dende o CSA La Perrera (C/Vitigudino, 7)
16:00 saída dende a praza de El Cubo del Vino
No hay comentarios:
Publicar un comentario