Colamos esta información que vimos de recibir na nosa caixa de correos:
Reabrimos a Sala Iago con varias ideas na cabeza. Por unha banda, entendemos que a Sala Iago é un referente simbólico da cultura en Compostela. Por isto, poñémola en marcha outra vez coa idea de que sexa un espazo para que participe nel de xeito ativo toda persoa que o desexe. O espazo é de todas, só temos que probar a atravesar a porta entrando cos folgos para adentro e deixando os medos fóra; é todo un acto de desobediencia.
Por outra banda, ben vemos ao entrar que se está a deteriorar coa complicidade especulativa e mafiosa dos donos e o Concello. Eles queren un espazo morto; nós queremos darlle vida e comunicar que non nos valen nin concellos, nen “cortellos”; nen condes Drogas, nen Currases; nen Bugallos. O Concello é gran parte do problema, como tamén advertiron outras compañeiras que están loitando por distintos conflictos na cidade; temos que unir forzas. A Sala Iago é un bo lugar para facelo.
Non queriamos rematar sen lembrar que hai persoas acusadas de “terroristas” por ter okupado anteriormente a sala que están agardando polo xuízo, para as que o fiscal pide condeas de cárcere. Non é máis que unha montaxe mediático-policial, queremos liberdade sen cargos para elas!
Pola disolución do Concello!
Disfruta da Sala Iago!
PROGRAMACIÓN
Venres 14
11:00 Obradoiro de reparación “Faino ti mesma”
14:30 Xantar
17:00 Proxecciónm da obra de teatro “Torturadas”
19:30 Asamblea aberta
A partir das 22.30 Timba poética e espectáculo de Break Dance (Glandes clan)
Concertos: Pura Mestura, Furnier, Maneante, J.ODT
Sábado 15
12:00 Obradoiro e xogos para crianzas
14:30 Xantar
16:30 Dinámicas de coidados para o traballo en grupo
18:00 Proxección documental: La voz del Gamonal, ¿De quién es la calle?
19:30 Asamblea
A partir das 22:30 Concertos: parte de Folkólicos, Transxenéricas, Mars Attacks, OKeoh
cantautor Birraví
No hay comentarios:
Publicar un comentario