Recollemos de Boletín Tokata, esta información da web da Campaña Cárcere= Tortura ao respeito da decisión de porse en Folga de Fame Indefinida de Luís Miguel Mingorance, alcumado "Hueso Pavo", quen é un dos presos sociais que leva máis tempo na loita contra os cárceres, :
"Hueso Pavo", 14 anos preso, actualmente na prisión de Soto del Real (Madrid), declarouse en Folga de Fame Indefinida o pasado 10 de xaneiro, co que levaría 28 días de xaxún, polas seguintes reivindicacións:
- Fin dos departamentos de illamento.
- Fin do ficheiro FIES. Máximo de 20 anos de condena a pulso para presxs comúns.
- Liberdade para lxs enfermxs incurables.
- Fin da tortura psicolóxica.
- Envío das miñas pertenzas dende o CP de Sevilla 2.
- Tratamento individualizado para presxs en primeiro grao.
- Traballo remunerado para todxs xs internxs condenadxs.
- Que se me poña no tratamento do interferón.
- Valoración psiquiátrica mensual a presxs en primeiro grao, xa que este réxime causa secuelas para toda a vida.
Colamos un seu Comunicado asinado en xullo de 2013, cando estaba encirrado en Teixeiro:
Enclaustrado nunha cela deste país "democrático", vendo como a vida vai pasando e nós somos un negocio para os corpos represivos de verdugos de uniforme que todo o xustifican coas súas "leis". Eles están por enriba delas, pois é o mesmo patrón o que lles paga, ou sexa, o goberno fascista desta nación.
Sufrindo dende hai case 14 anos desta condena a tortura física e psicolóxica de "Mengueles" vestidos de azul e de branco. Son FIES 1. R.E. dende o ano 1995, coñéceseme como "Hueso Pavo", xa son dos antigos e sigo na loita, na barricada, agora chámannos Control Directo. Estou en Teixeiro, pozo de exterminio onde a verduga psicóloga di que o castigo é bo, que as malleiras son boas. Eu maldizo a todxs xs da súa realía.
No patio non hai nin servizos, non temos actividades, ninguén nos visita, só vexo caras de verdugos que me miran con mala cara. Non me dan medo, non van cambiar a miña forma de ser, nin de pensar, nin as miñas crenzas nin os meus ideais libertarios. Unome á loita, consciente e consecuente coa represión que me pode carrexar. Que máis van facerme? Xa o teño todo perdido, sen familia, só xs amigxs que teño nestes "Centros de Exterminio", e xs compañeirxs libertarixs que nos dán o seu apoio.
A Folga de Fame é o mellor método de presión, primeiro dunha semana, un descanso curto e de dúas semanas, dez días de recuperación e outra de tres semanas, vinte días de recuperación e outra ata que o corpo aguante e envorque, logo soro, pois non poden deixarte morrer. O seu Tribunal Constitucional así o di.
Necesitamos que dende a rúa xs compañerixs dean todo o seu apoio e axuda. Que xs advogadxs estean a dar o toque a onde faga falta. Se se abre a caixa de Pandora que sexamos conscientes de que hai compañeirxs que non están ben de saúde, hai que respectar a individualidade de cada quen.
Esta é a miña opinión, cada persoa é un mundo e cada quen pode decidir como queira. Fin aos malos tratos e ás torturas, ao réxime FIES, liberdade para presxs incurables e que se nos trate como seres humanos. "Se me paro empúrrannme e se retrocedo mátanme".
Opinión dun Tolo.
Luís Miguel Mingorance Corral HUESO PAVO
Dende a Campaña Cárcere=Tortura e dende COLAPSO (Colectivo Anarquista de Presos Sociais), a través dumha entrada en IndymediaBarcelona, piden apoio para o compañeiro en loita, que, agora máis que nunca, necesita as nosas forzas. Xa perdeu 9 kilos dado que o bo estado fisico en que se atopaba antes de comenzar a folga está a axudarlle a sobrelevala, pero ainda así xá empeza a notar as sinais de debilitamento e fatiga, ainda que afirma que "ainda me sinto forte"
O compa pide apoio e difusión, pero sobre todo apoio...
Máxima difusión e apoio! Que a solidariedade sexa algo máis que unha palabra! SOLIDARIEDADE CON NOSXS COMPAÑEIRXS EN LOITA!
Pásannos o seu enderezo para que lle escribamos:
Luis Miguel Mingorance Corral
CP Madrid V Ctra. Comarcal 611 Km. 37,6
cp 28770 Soto del Real (Madrid)
Mandadelle sobres e selos para que vos poida responder, dado que a súa situación económica tambén é moi precaria - folios ainda lle quedan pero tampouco lle virian de máis, dado que unha das súas paixóns é escreber.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario