Entanto por estes lares "seguimos a velas vir" (ben porque a algunhas organizacións preocupalles máis a luita institucional ou as mobilizacións dirixidas como gando que as luitas pola dignidade que non poden controlar nen dirixir), noutras partes do estado xá se están mobilizando para combater a represión da que estamos sendo obxectivo toda persoa que sae ás rúas a manifestarse contra os abusos do poder.
Durante os últimos meses, a cidade de Madrid viviu múltiples golpes represivos. Todo o mundo puido ver como a policía nacional, con Cristina Cifuentes á cabeza, orquestraron o que popularmente se difundiu como "caza de bruxas", un operativo policial baseado na detención política indiscriminada de decenas de mozos antifascistas, feministas, revolucionarios e revolucionarias.
Por desgracia, as capas populares do Madrid combativo asistimos cada vez con máis frecuencia ás manifestacións que acaban coas mans da policía manchadas de sangue, imaxes de dor e represión criminal que vimos nas rúas e nos telexornais. Nos últimos anos foron violados os dereitos máis elementais como o de asociación, reunión e manifestación, mentres os e as verdadeiras criminais se enchen os petos a custa do noso sufrimento.
Non é casual esta escalada de violencia por parte do estado aos que loitaban, loitan e loitarán. A crise capitalista xa elixiu as súas vítimas e quen nos resistimos a iso estamos no seu punto de mira. As identificacións, as porras, as multas, as detencións son o futuro que queren depararnos. Ante iso berramos Non temos medo! Xa que a represión é a súa ferramenta para seguir salvagardando os intereses da clase no poder, para seguir dominándonos a través do medo, para seguir ocupando o noso lugar na súa engrenaxe de explotación e seguir pagando a súa crise coa nosa suor e sufrimento. Tampouco é casual que agora mesmo se debata a chamada "lei mordaza" cuxa única finalidade é a de reforzar os estamentos de represión para seguir amordazando e golpeando os intereses populares. Mediante a reforma do código penal, o goberno penaliza con condenas todo tipo de actividades que vaian encamiñadas á axitación política e a mobilización, que se suman á xa de por se desproporcionada represión que sufrimos por cuestións tan básicas como tratar de evitar un desafiuzamento ou exercer o noso dereito á folga, un dereito cada vez máis acernado e que tamén o goberno quere ilegalizar de facto coa súa lei de servizos mínimos.
Este é o legado do réxime franquista, unha clase dominante que impón a sangue e lume a súa vontade ante os intereses da maioría, un réxime que non parou de reprimir a quen loitan, mostrando o seu verdadeiro rostro a medida que cada vez máis sectores do pobo mostran o seu descontento ante a situación que vivimos, xa que por desgracia a represión, os paus, as multas e os cárceres sempre estiveron aí para quen nunca deixaron de loitar. Nese sentido, queremos facer unha especial mención a quen pasaron e pasan os seus días e noites nos cárceres do réxime debido á súa loita. Pero somos nós, traballadores, estudantes, desempregadas, desafiuzados, explotadas, ilegais e disidentes dun sistema en descomposición quen cremos nun mundo mellor e imos mudalo.
Madrid unido contra a represión. Fronte á súa represión, nós chamamos á unidade, a unidade do Madrid combativo, do Madrid obreiro e popular, o Madrid rebelde, antifascista e feminista. O Madrid do Non pasarán!
Porque cremos que a loita é o único camiño, e non cesaremos ata derrubar esta orde inxusta onde os e as verdadeiras criminais, os que rouban, explotan e reprimen ao pobo, sexan xulgados polos seus crimes. Hoxe chamamos a saír á rúa e esixir a inmediata paralización da lei mordaza, así como a derrogación de toda normativa que limite os dereitos fundamentais. Esiximos que quen exerce a violencia do sistema, a policía, desaloxe as rúas e deixe de reprimir o pobo. E por último non se nos esquecen todos e todas aquelas compañeiras que cumpren condenas ou están pendentes de sentenza ás cales é imperativo unha amnistía xeral.
Sabemos que nos espera un longo camiño, por iso tamén chamamos a organizarnos en torno a un programa de resistencia contra os intereses dun estado que a súa única función é asegurar os beneficios do capital, transformando a sociedade nun mundo máis xusto, libre e igualitario.
Madrid unido contra a represión
Sen medo, a loita continua ata a vitoria
pdt. e segue unha listaxe de organizacións convocantes.
colado x eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario