Postos en contacto con Javi, confirmounos que xa está a piques de sair da imprenta este o seu libro, coeditado polo boletín Tokata, o CSO La Gatonera e a distribuidora L'Escafandre e en pouco estará a ponto para ser presentado en Madrid ( o día 17 de xaneiro sobre as 18:00 no CSO La Gatonera, r/ Amistad nº 9. Carabanchel Bajo ), esperamos telo por Galiza en breve, se ben as súas condicións de saúde seguen a ser fraxiles.
Javi estivera con nós na Galiza en Xuño de 2012 dentro das IX Xornadas Anarquistas de Compostela e na altura gravaramos esta entrevista no espazo da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" que vos oferecemos agora en video (subido à rede en duas partes polo proprio Javi) e alén aportamos o texto que figura no seu libro como presentación do mesmo:
Colamos (traducido) o que figura na solapa do libro:
Javier Ávila Navas nasceu no bairro de "El Lucero" en Madrid dunha familia operaria. Contando con sete anos de idade transladanse a Carabanchel Alto. Alí se pasou de ser un raparigo con as suas travesuras e correrías propias da súa idade ao roubo de coches e de seguido ao de tendas e atracos. Aos seus trece anos entrou por primeira vez no reformatorio de onde fuxiría ata dezasete veces. Moi novo enganchouse ao consumo de heroína, o que veu a acelerar a sua carreira de atracador de bancos. Aos dezaoito entra no cárcere por vez primeira. Lograría fugarse en varias ocasións, mais en nengunha delas durou muito nas rúas e viu como medraba a súa condena de atracador de bancos. Pola súa actitude rebelde e súa condición de fuguista foille aplicado o chamado Réximen Especial de castigo por illamento. Foi un dos promotores da Asociación de Presos en Réximen Especial (APRE) formado para luitar contra ese réximen, denunciar as torturas e malos tratos e reinvindicar un trato máis xusto aos presos. A súa forma de acción consistía en apoderarse dos departamentos de castigo tomando reféns entre os carcereiros e traballadores penitenciarios para obrigar a difundir as súas reivindicacións. Às que xa sofría viñeron a sumarse novas condenas. Se pasou vinteoito anos da súa vida encarcerado, muitos deles en aillamento. En 2005, estando en terceiro grado, foi atracar un banco e recebeu polas costas e a pouca distancia, dous tiros de un policía que estaba por alí. Ficou en cadeira de rodas. Agora está en liberdade e mora xunto a súa familia en Carabanchel Alto.
E acá o inicio da contratapa:
Neste livro, Javier Ávila Navas alcumado "El Niño" danos conta, dun xeito sinxelo e direito, da súa vida. Mas hai vidas e vidas. E esta é a dun rebelde que, dado o seu xeito de ser, levoulle a participar da criación de situacións que dan para pensar. Tendo sido "cliente" das institucións punitivas estatais enfrontouse sempre a elas con espiritú refractario e autoafirmativo, intentando e logrando fugarse en numerosas ocasións.
Como dixemos esperamos contar con el por Galiza en breve.
eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario