3 ene 2014

A Audiencia Nacional pide 18 anos de prisión para Hadriam Mosquera, 'Senlheiro'

Recollemos esta información de "SermosGaliza", do artigo asinado por Beti Vázquez segundo información do seu avogado Endika Zulueta, quen data para os días 3, 4 e 5 de marzo o seu xulgamento en Madrid:

Até 18 anos de prisión para "Senlheiro" reclama a fiscalía da Audiencia Nacional española no escrito de acusación que dirixiu contra o mozo, veciño do lugar de Quistiláns, Ames, onde mantén máis unha vez a imputación por pertenza a banda armada. Para alén dos 10 anos que reclama por este delito, pide outros 8 por tenza de explosivos. Desta maneira, e ao igual que fixo xa a respeito d@s independentistas María Osorio, Antom Santos, Roberto R. Fialhega 'Teto' e Xurxo R. Olveira, o tribunal español esixe para 'Senlheiro' a condena máxima en relación aos delitos que lle atribúe.

Un ano en prisión preventiva e a 325km da Galiza

A Guardia Civil prendeu Hadriam Mosquera (Quistiláns, 1985) o 7 de xaneiro de 2013 namentres camiñaba polo monte dos Batáns, situado a uns 500 metros da súa casa e lugar habitual de paso da veciñanza do lugar. Dous días despois pasou a disposición do xuíz Fernando Andreu e negou calquera vinculación coa bolsa de explosivos pola que se lle atribúe un delito de tenza. O atestado da policía non confirmaba o testemuño do mozo, mais non dicía tampouco que Mosquera levara enriba a devandita bolsa.

Así, os dous termos metálicos que o ministerio de Interior vinculou con Hadriam terían sido localizados no interior dunha casa en ruínas. Após negar calquera vinculación con organización armada ningunha e tamén con ningunha organización política, "Senlheiro" insistíu en que "non tocou nunca" os termos e solicitou unha proba de ADN que avalara a súa versión. Segundo fontes ás cales tivo acceso "Sermos", tal proba tería confirmado o testemuño do mozo.

Diante do xuíz Andreu, "Senlhe" tamén denunciou torturas, especificando que foron psicolóxicas e que se produciron no monte, no tempo que transcorreu desde as oito do serán, cando foi detido, e as doce do mediodía da xornada seguinte, cando o transladaron ao seu domicilio para proceder co rexistro. Desde o 10 de xaneiro de 2013, fica preso, clasificado en réxime FIES 3 e submetido á dispersión. Após pasar polo penal español de Soto del Real, na actualidade continua en prisión preventiva no cárcere de Villabona, en Asturies, a 325km da Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario