Colamos de ContraInfo:
A Estrutura Sanitaria Autoxestionada de Exarchia é un proxecto creado mediante unha asemblea xeral de viciñxs, proxectos sociais e colectivos que viven e actúan no distrito de Exarchia.
Esta dirixida á comunidade local de Exarchia, doctorxs, psicólogxs, enfermeirxs, farmacéuticxs, pero tamén a calquera veciñx que queira axudar.
A actividade básica da Estrutura Sanitaria Autoxerida de Exarchia é ofrecer coidados sanitarios básicos de forma gratuíta, axuda inmediata e apoio psicolóxico, así como promover o concepto de sanidade para todxs, sen discriminación ningunha por razóns de raza, cor, orixe, identidade sexual ou relixión.
A principal convicción política dos seus participantes é poder dar solidariedade recíproca, en lugar da egoísta ou filantrópica, dado o feito de que todxs podemos ser emigrantes, sen fogar, desempregadxs, traballadorxs precarixs sen acceso aos servizos sanitarios.
Cremos que as estruturas sanitarias autoxeridas non son soamente unha resposta a problemas na provisión de atención médica, enchendo o baleiro deixado polo Estado. Polo tanto, o que aplicamos na práctica é a forma en que nos gustaría ver a sanidade na sociedade que conceptualizamos, unha sociedade de solidariedade e humanidade de verdade.
Entendemos o proxecto da Estrutura Sanitaria Autoxerida de Exarchia como unha célula viva da resistencia social e a emancipación contra a barbarie contemporánea, así, colaboramos con asembleas populares e sindicatos de base.
Durante as horas de servizo da sala de tratamento patolóxico (mércores e xoves de 18:00 a 20:00), agradecémosche que traias medicamentos que xa non necesites.
Rúa Arachovis 56, VOX, Praza de Exarchia
2 ene 2014
[Atenas]: Video de autopresentación da Estructura Sanitaria Autoxerida de Exarchia, dentro do CSO VOX.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario