Colamos de Tokata estas súas palabras dos motivos que o levaron a poñerse en folga de fame, feito da que xa deramos conta acá en Abordaxe:
Agora teño que asisitir á marxinación da institución penitenciaria. Co rancor, non son tratado como calquera outro preso, son discriminado, non soamente me condenou un tribunal, senón tamén a institución penitenciaria, non teño os mesmos dereitos que os meus compañeiros, de calquera cousa que pase aquí dentro eu son o culpable. Pois con este panorama a institución penitenciaria condenoume á morte en prisión porque estou vetado á aplicación do art.º 25 da constitución.
Por elo, e despois de meditalo moito, teño decido poñerme en folga de fame indefinidamente, porque antes de que me mate lentamente a administración penitenciaria, loitarei pola inxustiza que cometeron tanto o tribunal que me sentenciou, coma a administración penitenciaria. Con iso apostei por morrer loitando para que saiban tambien que a xustiza non existe, cando o que buscaron é un escarmento, e a base fun eu. Esa é a xustiza, á que lle importa pouco destruír para sempre o ser humano.
Cando hai moita xente boa que o perdeu todo, o seu traballo, a súa vivenda ata a dignidade do ser humano, por xentes malvadas e sen escrúpulos, e eles que fan tanto dano quedan impunes e os pobres desgraciados como eu pagan as consecuencias dunha xustiza manipulada.
A miña solidariedade con todos que son obxecto das inxustizas, por último a miña solidariedade co movemento libertario eles son a base da loita do inxusto, desexo que todos os que lean este manifesto sexan felices, porque a vosa felicidade será a miña forza.
José Antúnez Becerra
No hay comentarios:
Publicar un comentario