22 ene 2014

Aplicación Legal Desplazada #3: F.I.E.S. 2011-2012 x Nùria Güell

Colamos este proxecto da artista catalana Nùria Güell que recibimos nun correo dunha leitora, a quen agradecemos outra vez o envío:

ARCHIVO APLICACIÓN LEGAL DESPLAZADA #3: F.I.E.S.

Este arquivo recolle diferentes testemuñas e documentos (poemas, cartas, deseños, comunicados e documentos oficiais) sobre a TORTURA INSTITUCIONALIZADA que se aplica a presxs dos cárceres españois.

Na nosa sociedade democrática e de direito, aos presos “inadaptados” se lles aplica rexímenes de vida baseados en medidas de reclutamento e de illamento total. Estas son anticonstitucionais dado que omiten os direitos dos presos sen respeitar o estabelecido pola Constitución Española, o Código Penal nen o Regulamento Penitenciario. Condenando ao recluso á vulnerabilidade e á indefensión total posto que o propio maltratador é quen debería tramitar a súa propia denuncia. Son estratexias que conlevan un longo proceso de despersonalización, onde a condición de ser pensante termina torturándote. Deste modo o noso goberno, a nosa Xustiza e o silencio público convirtense en cómplices de que a Xustiza se basee na represión e a tortura para aplicar “xustiza”.

O material deste arquivo foi enviado dende os cárceres polos propios presos e, nalgúns casos, foronnos entregados polo seus familiares e amizades.

O material deste arquivo está organizado na súa web segundo diferentes clasificacións para facilitar a navigación e busca.

Na web persoal de Núria podense visionar outros traballhos desta artista, e fai unha somera explicación de en que consistiu este o seu traballo "Aplicación Legal Desplazada #3: F.I.E.S." que colamos (unha vez traducido):

"Enviei unha convocatoria a presos sometidos ao réxime F.I.E.S-1, invitándoos a redactar un "poema, debuxo ou pequena narración" a xeito de "folla de reclamación".

Cada día envío un destes poemas ao responsable político que legalizou o F.I.E.S despois de que o Tribunal Supremo o declarará "nulo de pleno dereito". Obtiven a dirección da súa casa de descanso contratando un investigador especializado en obter datos persoais rastrexando ficheiros de información.

Paralelamente entreguei paquetes personalizados con copia do material recibido dos F.I.E.S.1 aos xornalistas responsables da sección de xustiza dos medios oficiais así como ao valedor do pobo; invitándoos a unha rolda de prensa na que xunto a un ex-F.I.E.S (Amadeu Casellas) e un especialista en tortura institucional (Jorge del Cura) lles daríamos máis información.

As entregas do material e a rolda de prensa foron rexistradas.

Cada paso desta acción inspírase nos métodos de tortura branca aplicados aos presos sometidos ao réxime F.I.E.S.

A Xustiza española aplica aos presos "inadaptados" o réxime FIES que se basea na incomunicación e o illamento total, vulnerando os dereitos fundamentais co fin de despolitizar e anular o suxeito. Son estratexias que levan consigo un longo proceso de despersonalización, onde a condición de ser pensante remata torturándoche. Non obstante aplícao con total impunidade xa que a propia estrutura de incomunicación lle garante invisibilidade.

No FIES 1, o concepto de inadaptados inclúe, casualmente, os presos politizados"
.

Entre os presos que participaron podemos atopar varios compas comprometidos con a Campaña Cárcere=Tortura como Roberto C. Fernández Pardiñas (preso na actualidade no CP Monterroso), Honorio Gómez Alfaro, "Pope" (preso en Sevilla II, Moron de la Frontera), José Ortíz García (en Castellón II, Albocasser) ou (por non extendernos pois hai máis) Miguel Santos García e José Antúnez Becerra (ambos no CP Brians II).

trad e colado x eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario