O pasado domingo 19 era a data límite para o desaloxo voluntario do inmoble, segundo o fallo da xuíza titular do xulgado de instrución nº2 da Coruña que instaba @s okupas a marchar antes dese dia se non querían verse abocad@s a un desaloxo pola forza. Non obstante dende fontes próximas á asemblea do Centro Social Okupado de Palavea maniféstannos que, ata o momento, se desobedeceu a orde sen que se aprecie movemento de ningunha clase por parte da policía, @s propietarios ou o xulgado. Esta calma tensa que polo de agora respiran @s okupas podería deberse aos recursos interpostos ante o fallo da xuiza que, de prosperar, poderían aprazar o despexo durante uns meses. De todolos xeitos os integrantes da asemblea do centro social son cautos a ese respecto, sobre todo en vistas da actuación hostil e agresiva da xuíza, que non tivo empacho en celebrar a vista sen avogado defensor (procedemento sumamente irregular que viola flagrantemente os xa de por si laxos principios da xustiza burguesa) e en acelerar sobremanera todos os tramites relativos ao caso.
Así que aínda que polo de agora a cousa semella tranquila, en calquera momento poderiamos ter noticias que poñan en garda aos solidarios galegos en previsión dun próximo desaloxo.
Esperamos ter novas nos próximos días que clarifiquen un pouco a situación da casa.
Redactado por C.R. con información facilitada dende o entorno da okupa.
21 ene 2014
@s okupas de Palavea desafían a data límite do xulgado
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario