17 ene 2014

[Gamonal] Paralización definitiva das obras do bulevar. "O pobo unido xamais será vencido". Actualizado: a policía carga contra a masiva celebración dxs veciñxs

Colamos e traducimos estoutra boa noticia de hoxe da nosa fonte de información desta luita, Diario de Vurgos:

A penas unhas horas despois de que o pleno do concello de Burgos ratificase o contrario, Javier Lacalle anunciou nunha nova comparecencia pública a paralización definitiva das obras do bulevar. O clamor popular que dende Gamonal contaxiouse ao longo de todo o territorio conseguiu deter un proxecto especulativo que só beneficiaba ao entramado empresarial do ladrillo.


A resistencia de Gamonal é un exemplo histórico de luita que marcará un antes e un despois nas conciencias sociais. Gamonal converteuse en símbolo de rebeldía dxs que sempre teñen sofrido a humillación e o esquecemento. Gamonal, ata hai pouco un lugar completamente descoñecido para a gran maioría, é agora mesmo un turbillón de irresistible esperanza para xs oprimidxs. Agora máis que nunca, tod@s somos Gamonal.

ACTUALIZADO(*) : Neste mismo momento a policía está carregando contra a masiva celebración dxs veciñxs, a impotencia dos defensores dos especuladores está desatándose contra o pobo. Desde DV seguiremos informando.

(*)NdAb- descoñecemos a hora desta actualización e convidamos a quen lle interesa facer seguimento na sua web

(colado e traducido x eDu)

No hay comentarios:

Publicar un comentario