Cubrimos esta boa noticia recibida a través dun correo enviado pola "Productora de Comunicación Social" á nosa caixa. Comentar que no momento de publicar isto, cando tentas ligar con o seu enlace, no computador aparece a lenda: "su acceso ha sido denegado por seguridad" (sic). A seguridade de quén?. Vese que recuperar as tuas terras ancestrais (que foran roubadas pola empresa madereira Bosques Arauco S.A.) e traballalas según o modo Mapuche é algo inseguro (??). De todas cubrimos a información chegada e convidamos a ampliar a información sobre o comenzo deste "ciclo" con o momento da toma e da Carta Pública da Comunidade Wente Winkul Mapu dirixida á empresa, neste enlace de BioBio Chile.
A comunidade Wente Winkul Mapu, con esta trilla termina un ciclo de traballo que comenzou con a recuperación do fundo Chiwaiwe, dende primeiros do ano 2013. Alí sementouse trigo e avea, cereais esenciais para sustentar a comunidade os seus animaies.
Nun contexto dunha forte militarización, criminalización, encarceramentos e montaxes xudiciais sobre as comunidades en resistencia, a comunidad levou a termo este proceso que remata con a trilla, rexeitando calqueira intervención estatal que sinifique dependencia e poña en risco a autonomía.
A trilla é hoxe o peche deste primeiro paso do camiño cara recuperar os ciclos propios da terra e os modos de vida Mapuche.
Wente Winkul Mapu é parte da luita pola reconstrucción como pobo Mapuche, levada por distintas comunidades, que teñen demostrado a posibilidade real de recuperar territorio de maneira totalmente autónoma e só polo traballo da propia comunidade.
Productora de Comunicación Social.
Videorevista Sin[A]psis
"Comunicando Acción en la Construcción del Movimiento Social"
Máis fotos neste enlace do blogue da "Radio 1º de Mayo"
(Colado e traducido x eDu)
17 ene 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario