18 ene 2014

Apoio ao Gamonal.

Á espera de ter coñecemento do que se pasou nas mobilizacións na Galiza, recollemos de KaosenlaRed a seguinte información e video do sucedido en varias cidades do estado:

En Barcelona a Brigada Móvil dos Mossos d'Esquadra utilizou por 1ª vez cañóns de son, coñecidos técnicamente como Dispositivos Acústicos de Longo Alcance (LRAD, nas suas siglas en inglés), para reprimir á xente ao remate da manifestación que finalizou con canto menos tres persoas detidas e ataques a entidades financieiras e á comisaría da Guarda Urbana de Ciutat Vella, que podedes visionar neste video de Contrainfos Latele e desfrutar da saída atropellada da guarda urbana despois de ficar encirrada na sua propia comisaría, situada na Rambla:



Nestoutro enlace a Kaos podedes ler a información sobre os sucesos noutras cidades.

Compartimos tambén esta convocatoria murciana que nos chegou vía email e que nos din que xurdiu a raiz da manifestación en apoio ao Gamonal:

¨Onte, en Murcia, trala manifestación en apoio a Gamonal, fixemos unha asamblea e decidimos reunirnos o MARTES 21 ás 18:30 no paso a nivel de SANTIAGO EL MAYOR (MURCIA) pedindo o soterramento das vías do AVE. A veciñanza deste barrio soense reunir alí todos os martes e necesitan o noso apoio. Como dixeron onte na asamblea, é o "Gamonal murciano".

DIFUSIÓN POR FAVOR!! QUE CHEGUE A TODO O MUNDO!!¨

Decir tambén que a xente do barrio do Gamonal veñen de acordar en asamblea a continuidade do movimento veciñal e peden a dimisión do alcalde e exixen a retirada de cárregos das detidas. Onte, tal como contabamos na noticia anterior, a policia carregou contra a parte de atrás da manfestación e toda a zona foi rodeada en cuestón de segundos por un amplo dispositivo policial, se ben o groso da manifestación proseguiu cara a rúa Vitoria ao berro de "antidisturbios fora de Burgos", segundo información de DiariodeVurgos.

Seguiremos informando.
eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario