18 ene 2014

Suíza: Comunicado de Marco Camenisch sobre as suas razón para a ampliación da súa folga de fame

Hai uns días publicabamos acá en Abordaxe o seu Comunicado de inicio da folga de fame datado en 1 de xaneiro, agora recollemos (e traducimos) de ContraInfo estoutro Comunicado asinado en 6 de xaneiro onde Marco explica as razóns para ampliala que saiu publicado na web InformaAzione:

Folga de fame dende o 30/12/2013 ata, como mínimo, o 26/01/2014 e rexeitamento do traballo forzoso dende o 6/01/14 ata, polo menos, o 26/01/14: é a miña contribución á resistencia e á loita pola liberación total en todo o mundo, dentro e fóra dos muros, contra a represión, a xustiza de clase, a prisión, a tortura, o illamento, o sexismo, o racismo, a xenofobia, contra a guerra imperialista, contra a aniquilación da vida no planeta.

Unha aniquilación, na historia da terra, coa morte da especie, nunca así de preto da catástrofe como a da extinción dos dinosauros (impacto de meteoritos?). Pero que hoxe a realiza e leva a cabo a civilización patriarcal tecnoindustrial da dominación, da opresión, da explotación asasina, do capital global e dos seus Estados.

É a miña contribución á solidariedade revolucionaria común, máis alá das tendencias, pola liberdade de todxs xs prisioneirxs revolucionarixs e todxs xs prisioneirxs. É un saúdo solidario a todxs xs que loitan pola liberación total.

É unha contribución á chamada contra o cumio dos asasinos que dominan o mundo e os seus lacaios do Foro Económico Mundial de Davos (do 21 ao 24 de xaneiro de 2014), onde se encontran, gozando entre luxo, para negociar aínda mellor tamén en Davos as súas contradicións internas, a división imperialista do mundo, a guerra imperialista dentro e fóra dos seus países pola continuación e o crecemento dos saqueos das sociedades, dos pobos, dos "recursos" e de todo o planeta, económica, política e militarmente.

É a miña contribución e saúdo ao simposio anual (do 24 ao 26 de xaneiro de 2014) dxs compas que veñen de Turquía contra o imperialismo, a represión, a tortura, o illamento, as prisións turcas F-type, co seu rico programa e un concerto de Grup Yorum.

A razón da ampliación da duración da folga de fame, ademais do rexeitamento ao traballo forzado desta mobilización é a seguinte historia que, aínda que "historia secundaria", sempre forma parte do asunto da represión, pero polas maiores esixencias de detalles informarei máis adiante como un apéndice desta declaración:

O 30 de decembro de 2013, ordenáronme realizar unhas probas de ouriños "baixo sospeita de consumo de cannabis". Sendo de todos os xeitos un acoso e humillación arbitraria, pero tamén provocación política, me nego por principio a someterme a tal abusivo TSO (Tratamento Sanitario Obrigatorio).

Así que, dende o 30/12/13 ao 04/01/14, puxéronme nas celas de castigo e, dado que co rexeitamento declaran o test automaticamente positivo, durante este concentrado de violacións e suspensións de dereitos, inmediatamente, retiráronme o ordenador (por seis meses). Todo segundo o regulamento interno, por suposto, que define o ordenador "electrónica de consumo" ("...de entretemento"). Que, ao contrario que para tantxs presxs, non o é para min... é un instrumento básico de almacenamento e de traballo a "360°" e, para min, para todo o meu labor de relacións e de contribución persoal e política. Un repentino roubo do ordenador, por suposto, significa unha enorme perda e traballo para a reorganización e a conversión empezando, na práctica, dende cero, para a/o prisioneirx e as súas relacións.

Solidariedade e amor para Andi, de Socorro Vermello Internacional! Para Gabriel, Mónica e Francisco!
Solidariedade e amor para xs prisioneirxs das CCF en Grecia, para Nicola e Alfredo e para todxs en Italia e en todas as prisións do mundo!
Solidariedade e amor axs combatentes do "Proxecto Fénix", "Némesis Verde", ás Células FAI/FRI e a todas as Células, a todos xs individuxs, grupos e pobos combatentes en todo o mundo!
Pola liberación total!


Marco Camenisch
Lenzburg,
Suíza.
6 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario