Recollemos e traducimos esta información datada en 17 de xaneiro, de Prensa Latina asinada por mgt/acm:
A proba presentada foi a transcrición das mensaxes por radio entre a patrulla motorizada que alertou dende o inicio sobre o que estaba a acontecer e a resposta do mando policial que ordenou manterse á marxe sen intervir.
Malia que os axentes describiron con detalle que uns 20 individuos do partido fascista Amañecer Dourado perseguían con puños de aceiro e paus a un pequeno grupo de persoas, o mandato foi informar e esperar ordes.
Pasados varios minutos, a patrulla enviou a mensaxe de que acoitelaran unha persoa que, dende o chan, sinalaba ao home que o atacou, pedindo urxente e insistentemente unha ambulancia.
Cando 20 minutos despois esta aínda non chegara decidiuse recoller a vítima e levala ao hospital nun taxi.
O xuíz que investiga o caso pedira o material tras escoitar na declaración da noiva de Fyssas, presente na agresión, e doutras testemuñas que os axentes situados a non moita distancia do lugar dos feitos non interviñeron malia as súplicas de axuda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario