4 oct 2013

[Zaragoza] "Comando Insurreccional Mateo Morral" reivindica o artefacto colocado na Basílica de "El Pilar"

Colamos, unha vez traducido, dende ContraInfo:

"Ademais, teño todo o dereito a saír do teatro cando a comedia me resulta odiosa e tamén golpear a porta ao saír, correndo o risco de perturbar a tranquilidade daqueles que están satisfeitos".- Emile Henry.

A autoridade, principio básico da sociedade, exerce o seu dominio por medio de diversas institucións; a Igrexa é unha das máis importantes pola súa complicidade histórica co Estado-Capital encargándose de cimentar e perpetuar o actual estado de opresión patriarcal e heteronormativo. A "Basílica de El Pilar" é un dos templos significativos para os detentadores do poder. Visitada por Franco en varias ocasións e polo Papa Juan Pablo II en 1982 e 1984, eríxese como un dos principais símbolos e punto de encontro do fascismo. A Virxe de "El Pilar" é patroa e raíña da hispanidade, no interior do templo colgan como verdadeiros trofeos as bandeiras de todos os Estados que dominan o territorio latinoamericano. Facendo gala do exterminio provocado pola civilización ao costado do templo encóntrase a Praza de "EL Pilar" que conta coa fonte da hispanidade que debuxa o mapa do continente centro e sudamericano.

Xunto con todo o anterior en setembro de 1864 se lle nomeou patroa do colexio de gardas novos e en 1913 proclámase a Virxe de "El Pilar" patroa dos asasinos a soldo da Garda Civil. A orde será asinada por Alfonso XIII, o mesmo que fose branco do anarquista que dá nome ao noso grupo e que revivimos en febreiro do presente ano noutro ataque a un símbolo do poder. Os compañeiros mortos na acción só viven mediante a acción.

Logo do triunfo do fascismo en 1939, declárase "El Pilar" como templo nacional e santuario da raza. Pasa a ser un lugar privilexiado para Franco e o seu séquito, os cales lle outorgaron unha importancia central na toma de Zaragoza e a súa vitoria ante a Fronte de Aragón. Neste templo xace o cadáver do empresario e cardeal Juan Soldevila, morto ás mans de "Los Solidarios" en 1923 por ser un dos financistas dos pistoleiros da patronal. Este nocivo personaxe foi relevante na historia deste lugar e recórdaselle en cada celebración emblemática para o poder, como cada 12 de outubro data en que os nosos inimigos festexan altivos con rezos e pregarias a súa expansión colonialista neste espazo de intimidade onde transitan con total tranquilidade.

Pero o día de hoxe 2 de outubro de 2013 perdeu esa calma habitual. Arredor das 13:15 Hrs, instalamos un artefacto explosivo composto por unha bombona de gas butano recheo con 2 quilos de pólvora negra, máis un sistema de reloxaría para a súa activación. Esta acción non tivo a intención de danar fregueses ou turistas, é por iso que demos aviso á prensa escrita El Periódico (Zaragoza) e El Heraldo, e tamén á Basílica de "El Pilar" con 10 minutos de antelación á súa detonación para que puidesen desaloxar o templo.

Esta acción pretende advertir aos seus concorrentes que estandartes fascistas como este non son e xamais serán lugares seguros.

Comando Insurreccional Mateo Morral

1 comentario:

  1. Isto fede a montaxe. E o de Madrir tamen. O comunicado parece que esta redactado por un "pichi"

    ResponderEliminar