29 jul 2013

Contra as touradas de A Coruña

Como todos os anos por estas estivais datas, o concello da Coruña cóbrese de gloria (e sangue) financiando o macabro espectáculo das touradas coruñesas. Como todos os anos, este nauseabundo evento é financiado pola administración herculina pese ao masivo rexeitamento da poboación e á absoluta falta de tradición e arraigamento deste sádico desproposito. Terán lugar entre o venres 2 e o domingo 4 de agosto no Coliseo da Coruña baixo o título "Feria de María Pita 2013".

Coincidindo co ultimo día (domingo 4) convocouse unha manifestación ás 12:00h e con saída do obelisco por parte de Galicia Mellor Sen Touradas, Libera e Fondation Franz Weber (-AQUÍ). Respaldan a convocatoria unha retaíla de organizacións, colectivos e partidos políticos na "sopa de letras" habitual nestes casos.

Dende Abordaxe sabemos que esta non será a única convocatoria contra tan noxento espectáculo, posto que unha manifestación a varios quilometros da praza e noutro horario distinto ao dos sanguentos "festexos" non será o único rexeitamento a tan especista canallada. Os amantes do sufrimento animal non se irán "de rositas" sen escoitar o que pensan os que rexeitan a espectacularización da tortura. Atentos as vindeiras convocatorias das que seguro nos faremos eco neste blog.

C.R.

1 comentario:

  1. Lume ostia...

    Dende Pontevedra para o día 10 de agosto ás 20:00 na praza da Peregrina anunciamos unha manifestación de similares características. Non se achegará á praza, pero se soñan as aficionadas con que non nos van ter diante tarde ou temprano, moitas ilusións teñen...

    ResponderEliminar