A audiencia nacional desestimou a demanda interposta polos familiares de Diego Viña alegando que este tivo un trato "exquisito".
Diego Viña morreu en estrañas circunstancias nos calabozos da garda civil de Arteixo (A Coruña), nun "suicidio" que, no mellor dos casos, adoleceu dunha total deixación de funcións por parte dos picoletos. No proceso quedaron de manifesto as moitas irregularidades na custodia do detido (falta de orde de detención, desaparición do pantalón co que aforcouse Diego...) e a connivencia das institucións xudiciais.
Dase o caso de que nas protestas orixinadas polo feito a represión cebouse cos familiares e amigos. Deste xeito agora están abertos varios procesos xudiciais contra os solidarios (a nai de Diego incluida) que mostraron a súa repulsa polos feitos diante da igrexa onde celebrábase a patrona da garda civil de Arteixo. As delirantes acusacións ás que teñen que enfrontarse inclúen, nada máis e nada menos, que a de "detención ilegal e contra a liberdade de culto", por pechar breves instantes a porta da igrexa durante a protesta.
Máis info neste blog aquí, aquí e aquí.
Tamén na páxina das nais contra a impunidade aquí.
8 feb 2012
Desestimada a demanda pola morte de Diego Viña pola audiencia Nacional
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario