Transcurriu sen incidentes de mención a concentración en memoria de Diego Viña do pasado 12 de Outubro en Arteixo. A protesta, que como nos anos anteriores realizouse diante da igrexa onde os picoletos celebran a súa patrona, congregou a medio centenar de familiares, amigos e solidarios pra lembrar a morte en obscuras circunstancias de Diego nos calabozos da guardia civil hai xa sete anos (máis info neste blog -Aquí).
A concentración transcurriu en silencio por desexo expreso dos familiares e porque os participantes de anteriores convocatorias vense agora inmersos en absurdos procesos xudiciais: na do ano anterior por “insultos e calumnias contra o estado” emanadas dos cánticos da protesta, e en anos anteriores por delitos de “detención ilegal e contra a liberdade de culto” por pechar durante un intre a porta da igrexa. Xa veremos o que acontece nesta ocasión pois os camiños da “benemérita” son inexcrutables.
Así, mordéndonos os beizos entre os pasodobres da banda municipal e o altivo desfile dunha morea de uniformados, con tanta chatarra nas solapas que calquera diría que gañaron a guerra eles sós , e os chismorreos dos seus emperifollados familiares, transcurriu sen incidencias a protesta. Iso si, ben custodiados por unha boa piara de secretas.
Lembramos a vindeira convocatoria do próximo 22 DE OUTUBRO contra esta e outras moitas inxustizas na PRAZA DO OBELISCO DA CORUÑA ÁS 18:00H.
C.R.
13 oct 2011
Concentración en memoria de Diego Viña (Galiza)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario