11 oct 2011

Convocatorias: 12 outrubro concentracion pola morte de Diego Viña e 22 de outubro ¡Non a criminalización da solidaridade‏! (actualizado)


O vindeiro DIA 12 DE OUTUBRO AS 12 PM, NA IGREXA DE ARTEIXO(no día da Patrona da Garda Civil),realizarase a concentración como todo-los anos ante a igrexa parroquial de Arteixo en protesta pola morte de Diego Viña no cuartel da Garda Civil de Arteixo

Ademais o vindeiro DIA 22 DE OUTUBRO AS 18 PM, OBELISCO DE A CORUÑA convócase a nivel Galego, unha concentración unitaria en A Coruña, contra a criminalización dos movementos sociais.

A concentación do día 12 deste ano ven marcada polo procesamento penal dos familiares e colectivos de apoio polas concentracións realizadas en anteriores convocatorias, imputándolles o xulgado de instrución n 5 un delito de INXURIAS CONTRA O ESTADO. Polo que como é obvio mais que nunca e preciso amosar a nosa repulsa polo intento de silenciar as causa que rodeaban a morte de Diego Viña.

A concentración do día 22 convocase como acto unitario que, amais de server de denuncia da imputación realizada pola subdelegación contra a familia de Diego viña, pretende facerse eco e visibilizar publicamente a persecución levada ao cabo pola subdelegación do goberno coas persoas e colectivos solidarios coas persoas presas, e particularmente cos mais de 70 sancionados/as por acudir a concentración anual celebrada na cadea de Teixeiro. A concentración e convocatoria tamén se fai eco e se solidariza contra toda forma de persecución e criminalización que o estado ao través da subdelegación do goberno esta a facer con colectivos sociais de todo tipo. Dende os grupos ecoloxistas, indignados/as, etc.

Por elo os animamos a participar en estos actos de solidariedade co obxecto de que as protestas non queden silenciadas pola criminalización e persecución que as ameaza.

Enviamos carteis , octavilla e informe dos procesos para que difundades se facedes o favor

Para chegar a Igrexa de arteixo:
http://maps.google.es/maps?ll=43.303913,-8.507409&spn=0.024828,0.034461&t=h&z=15&vpsrc=6&iwloc=A&msa=0&msid=211126914195718398982.0004aef70c326428691f0&q=43.303086,+-8.507383

NON A REPRESIÓN DA SOLIDARIDADE

CONVOCATORIA GALEGA DE APOIO

DIA 12 DE OUTUBRO AS 12 PM, IGREXA DE ARTEIXO
DIA 22 DE OUTUBRO AS 18 PM, OBELISCO DE A CORUÑA

O 22 de setembro de 2004, Diego Viña (un rapaz de 22 anos) tras ser denunciado polo seu pai Carlos Viña, (ex garda civil), por supostos malos tratos no ámbito familiar, falece aforcado no cuartel da garda civil de Arteixo.

A neglixencia da garda civil durante a detención foi manifesta, non existían motivos para conducilo ao cuartel da garda civil, se negaron a administrar a Diego o seu tratamento médico e non procederon ao seu traslado a un centro sanitario cando así foi requerido ao sufrir este unha crise nerviosa, ademais desconectáronse as cámaras de videovixianza dos calabozos nos que Diego se atopaba.

Para máis inri, o principal indicio do suicidio, o pantalón co que se aforcou, desaparece ao tira-lo, tal e como manifestou un dos axentes involucrados “á basura”. O suposto suicidio por aforcamento enmárcase nun conxunto de circunstancias máis que escuras e escabrosas e nun cúmulo de irregularidades, que deron como resultado a interposición de tres denuncias tramitadas conxuntamente pola nai de Diego e a Comisión de Denuncia: por delito de detención ilegal, por homicidio por imprudencia grave e profesional e por un denuncia falsa.
Como resposta a protesta colectiva levada ao cabo por familiares, amigos e colectivos de apoio, o Estado mediante unha precisa manobra orquestada dende a Delegación do Goberno, da un paso mais adiante no intento de acalar dunha vez por todas a critica social xerada pola denuncia de casos coma este sen esclarecer, insuflando o medo que tantos rendimentos lle outorgou noutrora, atribuíndolle a Garda Civil de paso unha posición de garante das liberdades que nun obstentou.

Así, na Galiza, dende a Subdelegación do Goberno de A coruña, vense acometendo unha serie de decisións políticas e policiais incardinadas a criminalizar os movementos de apoio e solidaridade cos persoas presas, así como cos familiares e amigos de persoas falecidas de xeito violento nos citados centros de reclusión (Entre outros X. Tarrio González, Francisco Pallas etc).

CAUSAS PENAIS.-

Na actualidade o xulgado de instrucción nº 7 de A Coruña, ven de abrir dilixencias penais, contra doce persoas que asistiron a concentración de apoio e solidaridade pola morte de Diego Viña (rapaz que apareceu aforcado no cuartel da garda civil de arteixo no ano 2004, tras ser detido por un delito que non cometiu). Así a Garda Civil e a Subdelegación do Goberno, imputa sen rubor a cinco familiares directos da persoa falecida, tamén a distintos familiares doutras persoas mortas baixo custodia e a persoas membros de grupos de apoio e solidaridade, a comisión dun delito de Inxurias e calumnias contra o Estado.

O Delito imputado sen rubor, esta tipificado no art 504 do CP, e o seu enxuizamento pode levar aparellada unha condea de 6 a 18 meses multa, cunha responsabilidade penal subsidiaria dun día de cumprimento por cada duas cuotas impagadas (nun máximo de 9 meses de cadea). Basea a imputación a Subdelegación do Goberno en que as consignas berradas polos familiares e amigos, nas concentracións de apoio e particularmente na realizada o pasado 12 de outubro de 2010, constituen un agravio inaceptable ao Estado e as suas institucións.

Polo mesmo xulgado nº 7 de A Coruña, instruíuse durante o anos 2009 e 2010, unha causa tamén contra os familiares e colectivos de apoio a Diego Viña. Nesta ocasión a subdelegación, nun delirio inclasificable xuridicamente, pretendeu imputar aos familiares e colectivos de apoio a comisión dun delito de detención ilegal e contra a liberdade de culto. Os feitos, son os mesmos que ocasionaron a apertura da actual causa penal, a concentración en solidaridade pola morte de Diego Viña. A familia o seu avogado defensor e as persoas solidarias, tivéronse que ver no mal trago de declarar como imputados, acabando no banquillo dos acusados por reclamar precisamente iso, xustiza.

Pois ben, esta denuncia-persecución vulnera gravemente o dereito a liberdade de expresión e de reunión da cidadania e supón unha persecución de todo aquel que se erixa en portavoz dos sen voz, dos mortos e dos maltratados/as. Pretendendo con elo silenciar a denuncia destes feitos violentos, ou escuros, acontecido nos inóspitos centros de detención.

Como se di, o efeito que se persegue con esta denuncia por parte da subdelegación non é outro que os familiares calen a boca, que queden nas suas casas, que non se lles ocorra rendir homenaxe aos seres queridos, pedir xustiza e verdade, queren sen dúbida que os mortos calen dunha vez por todas e queden ben enterrados no olvido e no silencio eterno.

SANCIÓNS

A escalada de persecución non so tivo un rebrote naqueles asuntos relacionados cos familiares de persoas falecidas en extrañas circunstancias, senón que a mesma tamén afecta a un gran colchón social que apoia e loita contra as condicións de vulneración de direitos nas cadeas.

Así na actualidade a subdelegación do goberno ten aberto mais de 62 procedimentos sancionadores dirixidos contra as persoas que asistiron as concentracións de apoio que puntualmente se celebran cada ano no mes decembro na cadea de teixeiro.

Ano 2011: A subdelegación do goberno en A Coruña inicia 52 procedimentos sancionadores, acusando aos/as solidarios/as e grupos de apoio, de que o acto de movilización en defensa da dignidade das persoas presas relizada nas datas do nadal constitúe unha infracción do artigo 23 n). da Lei 1/1992 da Seguranza Cidadá: Orixinar desórdenes graves nas vías, espazos ou establecimentos públicos ou causar danos graves aos bens de uso público, sempre que non constitúa infracción penal. O que pode supoñer a imposición de multas por valor de mais de 15.600 €. O observatorio para a defensa dos direitos e libertades “Esculca” asistíu ao acto en conceito de observadores co fin de deixar testemuña do exceso de celo, a limitación de liberdades, e a persecución dos colectivos de apoio, elaborando a tal fin un informe pormenorizado do alí acontecido.

Ano 2011: A subdelegación do goberno en A Coruña inicia 2 procedimentos sancionadores pola Concentración de Diego Viña no ano 2010, polo que se sanciona doblemente (administrativa e penalmente) as persoas asistentes ao acto. Se imputa a nai dun fillo morto a consecuencia da longa prisionización de mais de 20 anos, como cabecilla do acto. Trátase de Dominga González Vieitez nai de X. Tarrio González, asemade preténdese tamén criminalizar por parte da Subdelagación a varios membros do colectivo preSOS Galiza (que son familiares tamén) acusándonos de dirección e organización das concentracións.

Ano 2010: A subdelegación do Goberno en A Coruña, sanciona a 12 persoas, como responsables da concentración na cadea de teixeiro de decembro de 2009, impútase aos mesmos sen ser identificadas nen cotexada a sua presencia na concentración. A subdelegación elaboura así unha lista blanca na que sinala a solidarios/as, familiares e nais como instigadores, simplemenste por exercer o dereito de todo cidadán a expresar a sua opinión e visualizar a situación dantesca das cadeas. Na actualidade e logo de dous anos, unha parte importante dos procedimentos atópanse impugnados ante a xurisdicción contenciosa, mais a subdelegacoión xa procedeu ao cobro das sancións que poden ascender a mais de 3.600 euros, obstruindo en todo momento as garantías do proceso.

Todos estos procesos no son un feito aillado e eles se suman a outra gran cantidade de procedementos instigados pola subdelegación de goberno contra todo tipo de protesta social e contestataria (movemento 15-M, indignados, persoas contra desahucios, grupos ecoloxistas, movemento galiza non se vende, solidarios coas causas do pobo palestino, desaloxo de centros sociais, estudantes, sindicatos, etc). Por elo, estos procesos penais e administrativos que denunciamos supoñen de facto unha persecución sen parangón dende os tempos escuros da dictadura. Os memos xeneran humillación, importantes perdas económicas, angustias, preocupacións e sobre todo raiba, raiba para as persoas afectadas e para os seus entornos, raiba para os amigos e familiares, raiba para os militantes dun mundo mellor.
Mención especial merece a persecución orquestada contra os familiares directos das persoas falecidas nestes centros de detención. A Familia de Diego Viña e de Xosé Tarrio, están sufrindo en primeira persoa a venganza mais vil, están sentindo como as suas denuncias reclamando xustiza se volven contra ellas. As victimas se convirten así en villanos e os villanos en herois.

Poema Romance de la Guardia Civil Española
de Federico García Lorca
Los caballos negros son.
Las herraduras son negras.
Sobre las capas relucen
manchas de tinta y de cera.
Tienen, por eso no lloran,
de plomo las calaveras.
Con el alma de charol
vienen por la carretera.
Jorobados y nocturnos,
por donde animan ordenan
silencios de goma oscura
y miedos de fina arena.
Pasan, si quieren pasar,
y ocultan en la cabeza
una vaga astronomía
de pistolas inconcretas.

Información chegada ó noso correo.

3 comentarios:

  1. Compañeirxs, difundirei a info pero, seríades tan amables de subir algunha imaxe con copias dos cartaces ou das octavillas, para axudar coa difusión?, a ser posible.

    Saúde.

    ResponderEliminar
  2. Xa está. Se non o fixemos antes foi por problemas técnicos.

    ResponderEliminar
  3. nom somos estudantes, somos maleantes

    ResponderEliminar