Coma tódolos anos dende que Diego Viña morreu en estranas circunstancias nos calabozos da garda civil, o pasado 12 de outubro fíxose unha concentración fronte á igrexa onde celebran a súa patrona os picoletos de Arteixo, para lembrarlles que os familiares, amigos e solidarios non esqueceron nen perdoaron semellante neglixencia (no mellor dos casos), pese a complicidade do sistema xudicial.
Como tódolos anos chegaron sancións contra os participantes, posto que, polo visto, a garda civil ten dereito de pernada, no referido a execucións extraxudiciais, sen que ninguén poda sequera afearlles a conducta.
Aínda está á espera de xuízo a concentración do ano anterior, pola que acúsase ós familiares e solidarios dun delito de “detención ilegal” (por pechar brevemente a porta da igrexa) e outro contra a “liberdade de culto”, cando xa chegan multas de 301 euros contra os supostos promotores da última protesta (ano 2010) a pesar de non rexistrarse nela o menor incidente.
A semellanza no proceso coa represión á Marcha a Teixeiro (máis info neste blog -aquí) non é só aparente, pois a garda civil establece no expediente unha conexión entre as dúas protestas baseándose en coincidencias nos “métodos e reivindicacións” (¿?). Pero a cosusa non fica aí, posto que, nunha espectacular pirueta investigativa de dobre tirabuzón mortal e sen rede, pretenden relacionar o acto con CEIVAR mediante a aportación dunha nota de prensa do ano 2004 onde a organización antirrepresiva galega aparecía xunto a PRES.O.S. na presentación da comisión denuncia.¡Cágate lorito!
Deste xeito os sesudos sabuesos da garda civil conclúen que os promotores de tan delictivo acto de protesta serían un membro de PRES.O.S. e máis Dominga, a nai de Xosé Tarrio.
Plantéxase unha reunión de afectados, xunto cos da Marcha a Teixeiro (xa que eles ó vencellan ¿por que non o imos facer nós?) para vindeiras datas das que xa daremos cumprida información cando chegue o momento.
29 may 2011
Chegan sancións pola concentración en memoria de Diego Viña en Arteixo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ánimo para xs represaliadxs, guarrxs cerriles, asasinxs!.
ResponderEliminar