28 may. 2011

Información para os multados de Teixeiro

O seguinte "manual" vai destinado as persoas ás que chegoulles a multa por participar na última marcha á cadea de Teixeiro (máis información neste mesmo blog -aquí).
Tede en conta que o dito a partir do punto 4, no referente ós pagos, faise efectivo despois de que te rechacen cinco alegacións, ou sexa que aínda falta tempo.
Axiña informaremos dunha xuntanza de todo-los afectados.


1. e importantísimo que cando chegue a notificación lle apuntedes no borde suprior dereito e con boli, a data efectiva da notificación, xa que esa é a que conta e non a que pon o cuño.
2. as alegacións xa tedes as que publicáronse neste mesmo blog (-aquí), é importantísimo que as reclamacións as personalicedes, esto é que poñades os vosos datos, o numero de expediente, que ledes o escrito por se non concorda algunha cousa coa vosa realidade. Imprimir duas copias e entregar ben en calquer rexistro da xunta ou da subdelegación do goberno (gratuito e aberto ate as 7 da tarde (o reistro central da xunta en sancaetano) ben enviando por correio administratio pedíndolles que che cuñen a copia a sobre aberto (tedes aberto correios ate as 22 h nas sedes do corte inglés de coruña e compostela).Unha vez cuñada a copia ben no rexistro ben en correios, debedes gardala ben xunto coa sanción, para que no seu dia lla entreguedes a pesoas ou prsoas que leven a vosa defensa (quedadebos sempre cunha copia de todo).
3. o procedimento consiste nunha carreira de obstaculos, primeiro a subdelegación fai unha proposta de sanción, ante iso tdes alegacións (15 dias), logo vira a resolución ante a que tedes recurso de alzada ante madrid (30 dias) e por ultimo o contencioso ante o xulgado (dous meses) , polo medio do procedemento poden contestar algo referente a proba proposta e nese caso os daran 15 dias de alegacións (mirade sempre ao final do recurso xa que os din que recurso podedes interpoñer, ente quen e cal é o prazo).
4. o pago da sanción eles intentán que sexa sempre voluntario, para o cal te envian un papel de pago e os prazos para facelo. IS cando chega a resolución definitiva de madrid (para o caso de que seguirades todos os recursos) ou da subdelagación (cando non recurrichedes a madrid) , nese instante podedes facer o pago, pedindo aprazamento (se queredes), esto se fai dirixindo un escrito a facenda (tedes o enderezo na folla de pago) ou se queredes pasades de pagar, entón ainda que cheguemos ao contencioso eles van tentar cobrarche igual (si logo ganas cho devolben), nese inteno de cobro se aplica un recargo (que non é moi grande pero que é recargo). Para o aplazamento ou suspensión do pago tanto voluntario cmo o ke estamos pedindo no xulgado é preciso acreditar a circunstancia económica (paro, pensión etc).
5. A subdelegación cando embarga o fai ao traveso de facenda, suelen ir primeiro a polas conntas correntes (ollo que se compartides conta con outra persoa os embargaran proporcionalmente (50 % dos fondos ate a cuantía sancionada), logo van polos vehículos e logo polas casas.
6. A lei establece que os salarios son inembargabeis ate o smi, art 607 Lei enxuiciamento civil http://noticias.juridicas.com/base_datos/Privado/l1-2000.l3t4.html (uns 641, € mensuais- http://www.salariominimo.es/), de ahí para arriba embargan o 30 % do doble o salario, esto é se cobras ate 1280 €, te poden embargar o 30 % do que exceda de 641 €, por exemplo se cobra 1000 €, lle restas 641 e o resultado lle retes o 30 %) pero ollo, se tes cartos na conta o dia ke che ingresan teñen presente esta circunstancia pero ao dia seguinte ese cartos contan como saldo ao teu favor, polo que as nominas as tedes que cobrar ben en man ou telas nunha conta a 0, e o dia do ingreso retirar todos os cartos.

Bueno e iso é todo. Simple sentido común

saudos

1 comentario:

  1. Saúdos e moitas apertas para os e as sancionadxs.

    Abaixo os muros das prisións.

    ResponderEliminar