27 may. 2011

Que será ,será...?

Hoxe semella que comezaron os desaloxos, con carga policial incorporada (video máis abaixo), das primeiras acampadas xurdidas á calor das protestas do 15M. Nesta ocasión tocoulles ás de Barcelona e Lleida, baixo a patética excusa da limpeza e da prevención de altercados ante unha hipotética victoria mañá do Barça. Na teoría os acampados poderán voltar tras da limpeza, pero polo de agora o movemento pacifista provou por primeira vez a súa inevitable ración de paos, e sen provocación previa dos “violentos”. Tratarase, quizáis, dunha proba para medir a indignación dos “indignados” ante un futuro desaloxo xeral?
É sorprendente a celeridade coa que procederon a esta primeira tentativa de desaloxo, eu pensei que agardarían á máis que probable morte por inanición e por aburrimento dunha protesta falta dunha verdadeira mensaxe revolucionaria e transformadora. Aínda que tamén podería ser que teñan medo de que a pervivencia das asambleas e da organización horizontal, o que xa por si mesmo conten o potencial da emancipación, remate por dotar ó movemento dun trasfondo radical e anticapitalista que poida por nun aprieto a esencia mesma do sistema.
Coma xa dixen máis arriba, o máis probable é que sexa so una proba, un chequeo da situación por se a cousa empeora; coido que non quererán votar gasoliña a un lume que aínda podería apagarse por si mesmo.
Pero a verdade é que o movemento do 15M sorprendeu a propios e a estraños, non só ós políticos ficaron perplexos ante unha “pataca quente” que non saben moi ben como abordar, os propios movementos sociais e os grupos antagonistas criticaron abertamente nun primeiro momento a protesta pra despois secundala de xeito vacilante e perdido, abraiados de que semellante pifostio puidese xurdir á marxe do seu (noso) pequeno mundo autorreferencial.
Pero o certo é que todo este movemento corre riscos máis graves que o de seres desaloxados ou aporreados pola policía, e é o de deixarse levar polo cidadanismo que arrastra dende un primeiro momento e conformarse coa elaboración dun programa de mínimos, con reducir o descontento a consecución dunhas medidas cosméticas, do troco dunhas leis por outras deixando intacta a esencia do sistema. Non son ós políticos os que o fan mal, se non que é a MESMA poítica, tal e como o capitalismo a concibe, a que impide a nosa participación real no sistema en beneficio das compañías transnacionales e dos poderosos. E isto non o vai trocar ningún cambio nas leis electorais.
Reformar o capitalismo para facelo máis humano non conseguirá senon fortalecer o sistema de explotación no que vivimos. Aínda que forremos as nosas cadeas con terciopelo seguiremos escravos, o problema é o sistema, non as súas consecuencias.A crise non é producto nin dos astros, nin da casualidade, nin da mala sorte, A CRISE É O SISTEMA e mentres teñamos capitalismo sufriremos as crises que outros orixinan para FORRARSE Á NOSA COSTA.
Xa temos as armas: o asamblearismo e a autoxestión, que trascendan das acampadas e xurdan nos barrios e vilas. Agora toca mudar as cousas, ningún político podenos axudar, fagámolo por nós mesmos.


O seguinte video da que pensar sobre o pacifismo,e iso que os policías están bastante comedidos para o que adoitan facer:



12 comentarios:

  1. En medios contrainformativos (incluso libertarios)como Diario de Vurgos se atreven a comparar este "movimiento" con la comuna de París. aaaaaaaaaay! una buena colleja a tiempo de sus compañeros de cole a estos neojipis criados en la abundancia que bien les hubiese venido. Seguro que así hubiesen aprendido que chivarse a la profe o mendigar un aprobado no es el camino a seguir...
    MUY DEFICIENTE!

    ResponderEliminar
  2. madialeva!
    nin se quera son pacifistas,son legalistas porque para utilizar as forzas represivas do estado non se negan,o unico que negan e autodefensa dxs desposeidxs.
    a primeira vez que vexo quedar ven xs chivatxs!
    mete medo....

    ResponderEliminar
  3. Debo recoñecer que eu fun unha de esas persoas que nun primeiro momento criticou abertamente e de xeito bastante destructivo a "protesta" (ver comillas) do 15-M, para despois, tras achegarme por algunhas asambleas e observar o desenrolo dos acontecementos dende unha postura un tanto ambigua decidín darlles un voto de confianza pois penso que isto precisa unha remodelación total do seu mobiliario no que a declaración de principios se refire.

    Non creo que unha movida cidadanista, buenrollista e por se fose pouco, con semellante nivel de desorganización e igual volume de peña sen conciencia nin ideoloxía mais alá da queixa oportunista ou do reformismo de sofá poida chegar a algo a non ser que afronte a problemática no xeito que esta precisa, é dicir, dende unha óptica anticapitalista y antiautoritaria lonxe do "desenrolo sostíbel" ou das esixencias dun cortello de hippis e modernxs con aires de bohemio que seica pensaron que isto é Maio do 68 en París xs políticxs e banqueirxs, a quenes piden "responsabilidade".

    Penso ainda así que isto podería servir, de ser abordada con cautela, servir de base (base un tanto intransitable, pero base a fin de contas) na cal proxectar futuros proxectos que sí sigan unha dinámica máis lóxica e eficaz de cara á fin total deste espectáculo social.

    ResponderEliminar
  4. Eu penso que de lograr certas propostas reformistas pode ser bo como exemplo de que autoorganizándose a xente pode lograr as cousas.

    Esas acampadas son asamblearias e tamén basta te a marxe do capitalismo, xa que o que se compra é ben pouco. Sendo a maior experiencia autoxestionaria que hai na península (¿dende o 36?) deberíamos ver cousas boas nela, ainda que non sexa unha verdadeira spanish revolution.

    ResponderEliminar
  5. eu estiven nas asambleas da miña cidade.e o de asambleario é moi relativo,aqui negannos(a plataforma) funcionar por consenso,asi que a asamblea de maiorías alonxase moito de ser horizontal.
    nos chaman manipuladorxs por repartir en forma octavilla ou oral o noso pensamento.
    tomaron a plaza como sua,non do pobo.
    aberia que preguntarse que funcion cumple porque a min me soa a ser outra cara do sistema que cumple a función de apagalumes.

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  7. Este blogue en canto a moderaçom dos comentários deija bastante que desejar

    ResponderEliminar
  8. Supom-se que cada quem que envia um comentário deve ser quem se coide de aportar estupideces ou críticas destructivas que nom servem de nada.

    Eu, quanto menos, nom me vejo tendo que moderar a ninguém, e o que se trata com os comentários é dar a opçom de incrementar a informaçom e mesmo gerar debates constructivos.

    Se alguém fai um mal uso desta ferramenta, é o seu problema.

    E que conste que eu tenho caido nesse erro.

    ResponderEliminar
  9. Hola edu, sinto diferir.
    Como ti dis suponse, que cada quen faise responsable do que escribe, SUPONSE.
    Pero a realidade e que baixo o anonimato a xente pode escapar de toda responsabilidade.
    Comparto contigo, que a ferramenta de comentarios pode ser moi válida para facilitar o fluír da información e tamén para xerar debates. Pero pode usarse tamén de forma destructiva. Noutra cousa non estou en absoluto dacordo, dis que se alguén fai mal uso desta ferramenta é o seu problema, iso non é certo. Problema de quen fai o comentário non é, posto que dende o anonimato non vai a suponerlle ningún problema, mais ben é problema é do blog e os seus usuarios, que teñen que aturar comentarios chabacanos e moitas veces, como (nalgunha entrada relacionada co 15M) áta parapoliciais.
    Todo isto ten unha fácil solución a moderación baixo unhas pautas de respeto e enriquecimento. é o meu punto de vista. Biqiños a edu e a todxs.

    ResponderEliminar
  10. ¡Claro que sim!
    O primeiro é autogerir as dinámicas para gerar debate sano, emtroutras cousas, a segurança podería ser um outro motivo...

    ResponderEliminar
  11. bem, venho de eliminar o comentário anónimo ofensivo. espero que, agora, ninguém me bote em cara ter tomado unilateralmente essa decisom.

    além, nom sei qual vai ser a tónica de anular comentários?? todos os ofensivos?? os que tenham qualquer linguagem discriminatória?? ...Onde está o límite??

    ResponderEliminar
  12. Vos saberedes onde esta o limite...

    ResponderEliminar