Despois de que o pasado 6 de abril a policía Italiana asaltase 60 vivendas en 17 cidades e inculpase a 27 compañeiros por “asociación de delincuentes con propósito subversivo”, ficando seis deles encarcerados e outros sete con medidas restrictivas, este 4 de maio un novo golpe represivo deixa a 5 persoas baixo arresto domiciliario mentres 78 novos sospeitosos son investigados. Se os arrestos de abril relacionábanse principalmente co “Spazio di documentazione anarchica Fuoriluogo” en Bolonia, agora é a cidade de Florencia o escenario das novas detencións, sobre todo relacionadas co “Spazio Liberato 400 Colpi”.
Nesta ocasión ós cargos son todavía máis vagos que no caso de Bolonia (onde acusaban ós anarquistas de ataques a Bancos, centros de inmigrantes, multinacionais ou partidos políticos) pois misturan delitos menores coma resistencia, ocupación de edificios públicos ou insultos á autoridade coa difusa acusación de “Conspiración pra incitación a cometer un delito”. As recentes detencións de Florencia pretenden reprimir a participación anarquista nas movilizacións de estudantes dos últimos anos.
Estes ataques represivos poderían ter que ver coa alarma xerada polos recentes atentados anarquistas en Italia, asinados pola Federación Anarquista Informal (máis info neste blog–aquí e -aquí), que chegaron a ser tratados polo parlamento, así como co aumento da conflictividade social (manifestacións de estudantes, contra o goberno...).
Por suposto a resposta nas rúas, especialmente ás detencións de abril, non se fixo esperar, con ataques a bancos, institucións públicas e medios de comunicación manipuladores.
Para máis info na páxina en italiano "Culmine" -aquí, -aquí, -aquí, -aquí e -aquí.
E na páxina en castelán "Afilando nuestras vidas" -aquí e -aquí.
10 may 2011
Forte represión ó anarquismo italiano
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario