14 abr 2011

Convocatoria mani sábado "Contra o desaloxo" + vídeo primeira concentración.

Aquí vai o cartaz que convoca para este sábado día 16 ás 18:00h no Campo da Leña (A Coruña) a manifestación en repulsa polo desaloxo do CSO Casa das Atochas.

E aquí tedes o video da concentración/manifestación que improvisouse 12 horas despois do desaloxo e á que asistiron máis de 200 personas(cronica concentración -aquí; cronica do desaloxo-aquí).

Aproveitamos pra aclarar un par de novas e algunhas omisions das noticias anteriores:

-A pesar de que dixemos que non houberon incidentes no momento do desaloxo, un compañeiro dos que concentrábanse na rúa da torre mentres derrubaban o inmoble recibiu un puñetazo nos dentes por parte dun antidisturbios. A prensa comercial referiu o feito dicindo que o manifestante mordeu na man ó policía(noticia aquí, ler para creer...).
-O día anterior ó desaloxo chegou a desestimación do recurso de nulidade no que,ollo o dato, cargan as costas procesais ós okupas, feito insólito nun proceso de índole penal.
-Con fecha de 14 de abril, dous dias despois do desaloxo, chegou os imputados a providencia da xuíza que permitía a policía o asalto á casa polas duas rúas que lle daban acceso(por diante e detrás).
-Á mañá seguinte ó desaloxo apareceu un gran buraco na porta tapiada da casa, así como unha pintada no muro que rezaba: "Isto só e o comezo. A loita empeza agora". Os secuaces da inmobiliaria non tardaron en restaura-la tapia e reforzala con cemento.


2 comentarios: