12 abr 2011

Derradeiro día da Casa das Atochas (A Coruña)

Ó fin conseguírono, o C.S.O. Casa das Atochas xa non é máis que o cadáver do altivo edificio que un día foi. O teito e as fiestras desapareceron, e os operarios da inmobiliaria proceden agora a tapiar as portas do inmoble baixo a atenta mirada de abundantes mercenarios dos corpos represivos.
Acabáronse as palestras, os concertos, os xantadores veganos, os talleres e os pases de video. Xa non haberá máis charlas, debates, risas e discusións sobre o divino e sobre o humano entre cervexas e fume de canutos… ou entre augas , zumes e infusións, que de todo había por alí. Remataron as interminables asambleas coas que unh@ sentía, ainda que nun anaco moi pequeno, rachar o camiño marcado e tomar as rendas da súa propia vida; inda que as veces aburrían as cabras.
As 7:45 da mañán de hoxe, os arietes dos Grupos Operativos Especiales de Seguridad arremeteron contra as portas das Atochas , derrivando a golpes de mazo as inquedanzas e ilusións de toda una morea de rebeldes coruñeses. @s dous activistas que alí durmian despertaron de súpeto dous seus plácidos soños, tanto no literal coma no figurado, pra poñer en práctica o plan acordado. Encaramados o tellado despregaron as pancartas, abriron bengalas e fixeron soar sirenas e bociñas pra avisar a veciñanza do que estaba a acontecer.
Apenas levoulles 20 minutos os G.O.E.S., vestidos de tal guisa que farían palidecer de envexa o mesmo Robocop (metralletas incluidas), superar os atrancos e barricadas dispostos na casa; tempo dabondo pra que @s primeir@s solidari@s chegasen as inmediacións do edificio e arroupasen cos seus berros @s coitad@s resistentes.
A policía portouse correctamente cos detid@s e, tra-la identificación pertinente, ceiváron@s, deixándolles primeiro coller as súas cousas. Curioso foi o feito de que, ainda despois disto, chamaron a un deles pra que recollera o escaso diñeiro que atopábase na caixa.
Unhas trinta persoas mantiveron o tipo fronte os antidisturios (xa non dos G.O.E.S, estes dos normais… por dicir algo) nas inmediacións do inmoble, afendolles a conducta cos seus berros e aturando a madeiros e periodistas, xuntos no seu habitual contubernio, disputándose os derradeiros pedazos da okupa, agora feita carroña mediática, urbanística e financieira.
Despois dun rato a xente retirouse sen máis percance. Os madeiros alá seguen.
Agora tócanos protestar, despois vira o longo camiño de empezar de novo, coa ledicia na lembranza e a experiencia no macuto… e a rabia nos ollos e nas mans a determinación.
Hoxe martes 12 de Abril: concentración as 20:00h no Obelisco.
O vindeiro sábado 16, gran MANI-FESTA-ACCIÓN as 18:00h no Campo da Leña.
Isto so é o comezo…

O final das Atochas. from www.enimaxes.com on Vimeo.


Comunicado dos okupas:

A Coruña, 12 de abril de 2011
Está mañá ás sete horas varias unidades de U.I.P. antidisturbios e G.O.E.S. procederon ao desaloxo da Casa das Atochas. No tellado da mesma permaneceron dúas persoas resistindo ata aproximadamente ás oito e media, momento no que as unidades policiais chegaron ata onde estaban e as sacaron do edificio. Foron identificadas mais non detidas. Agora mesmo están a tirar os tellados da Casa, quitando os cristais das xanelas, etc., sen que exista unha orde de derrubo aprobada polo Concello nin protección algunha para os obreiros que están a facer o sucio traballo (retirada da uralita). Esta tarde ás 20.00 horas convocamos unha concentración no Obelisco. Ademais o sábado 16 de abril a partir das 18.00 horas sairemos en manifestación dende o Campo da leña. Un desaloxo, outra okupación! Dez, cen, mil Centros sociais!

Despois do descrédito ao cal fomos sometid@s nestas derradeiras semanas cremos que este é o mellor xeito de comunicarnos sen intermediarixs e de maneira directa coa cidade. Para que se coñeza de primeira man o por que do noso existir. Velaí van pois unha serie de puntos, a modo informativo, do que para nós é importante e o que queremos transmitir:
1.Por qué okupamos?
Por falta de espazo onde desenvolver as nosas inquedanzas sociais, culturais e políticas, as que precisamos como seres humáns, o que evidencia o nulo interese dos organismos gubernamentais no desenrolo individual e colectivo de tod@s nós.
2.Dereito a unha vivenda digna.
Nin somos legalistas nin constitucionalistas mais a posibilidade de acceso a unha vivenda digna é un dereito abertamente proclamado polo pobo. Nesta cidade existen en torno a 20.000 casas baleiras en estado de abandono e a espera de ser pasto da especulación económica en beneficio d@s poderos@s. Parécenos incrible que se protexa e exalte o dereito de acumular 18 edificios frente á okupación e recuperación dunha soa casa abandonada.
3.Por qué okupamos unha propiedade de Pérez Paz, S.L.?
Antes de nada queremos desmentir a información vertida por estes individuos na prensa simulando ser unha pequena empresa familiar. A citada empresa ten e tivo varios procedementos xudiciais abertos por delitos urbanísticos na cidade, especialmente activa nos barrios das Atochas e Monte Alto. Aí son coñecidas as súas estratexas de mobbing inmobiliario para conseguir botar a rúa as persoas con menos recursos e máis desprotexidas (anciáns, enferm@s, etc.) e así poder especular tranquilamente coas súas vivendas, ademais dos derrubos ilegais, desplome de grúas, etc. De ahí ven o pseudónimo “el Rata” co que a xente dos barrios das Atochas e Monte Alto o bautizou, moito antes por certo de que @s okupas chegásemos.
4.Política urbanística/deshumanización dos barrios.
Parece mentira que aínda podamos acreditar nas mentiras do Concello, e demais sectores interesados, sobre a estratexia do “urbanismo social” e como propicia o desenvolvemento da vida das persoas na cidade. Onde a realidade é que non existe máis política que o enriquecemento persoal de varias familias (véxase a operación Marineda City) que dende hai tempo se reparten as porcións do pastel. Enténdase, por exemplo, Construcciones Ángel Jove, presuntamente vinculada co narcotráfico na Galiza dos anos 80.
5.Alternativa social/alternativa política.
Nós creemos profundamente na creación de alternativas socio-políticas dende abaixo, onde @s verdadeir@s protagonistas das nosas decisión sexamos nós mesm@s, mediante a autoxestión dunha asamblea horizontal, sendo así don@s das nosas vidas e futuro.
6.Contracultura/ocio.
Durante os tres últimos anos un sinfín de actividades culturais se teñen celebrado no centro social de xeito gratuíto. Sacando as cores aos políticos de turno que ao longo da historia da cidade non mostraron o máis mínimo interese en potenciar o libre crecemento cultural de nen@s, xoves e anciáns, e que pola contra fixeron e fan fincapé en crear un modelo de cidadán e cidadana pasiv@, aburrid@, frustrad@ e predecible.
7.Crise económica/burbulla inmobiliaria.
Non o decimos só nós. A actual crise financieira débese a especulación salvaxe a mans de empresas construtoras e inmobiliarias, que propiciaron a burbulla macroeconómica que non tardaría en estoupar, como finalmente foi. Onde a Banca, consciente desta situación, non só non fixo nada, senón que foi consentida con total alevosía para enriquecerse a costa nosa. E agora cando isto non da máis de si, somos nós que temos que rescatar aos culpables da crise con recortes sociais, despedimentos en masa e un longo etcétera auspiciado por Europa.
8.Medios de comunicación/Manifestación do 11D.
Máis unha vez se pon en evidencia a conducta do chamado “4º poder” que, en nome do Estado, pode condicionar ao seu favor o pensamento crítico, baixo a apariencia de veracidade e da libre información. Parécenos increíble que dous meses despois da manifestación convocada pola Casa das Atochas sigan repetindo, cal mantra tibetano, o que non fixemos, transcurrindo a marcha con total normalidade, incluíndo nesta as pintadas e o deterioro dunha sede bancaria, exponente máximo e símbolo da pésima situación económica que nos rodea.
9.Estado de benestar/despilfarro.
Temos que facer autocrítica. Sen isto será imposible restablecer e encauzar esta sociedade e o modelo económico. Durante os últimos vinte anos, vivimos por enriba das nosas posibilidades, alentad@s polos ideales neoliberais da globalización e o libre mercado. Non se podía soster nin un minuto máis tanto despilfarro: dous o máis coches por familia, o apartamento no centro da cidade, a casa na praia ou o colexio de pago d@s cativ@s. Esquecimos que @ máis ric@ é @ que menos precisa e creímos no modelo importado do “soño americano”, creándonos a necesidade de vivir por enriba das nosas posibilidades e por enriba d@s nos@s semellantes.
10.Unión, acción, autoxestión!
Cremos nun mundo onde a xestión dos recursos sexa equitativa, sendo tod@s nós parte de todo e en simbiose co noso entorno, en relación on outros modelos de autoxestión e entendendo que na diferenza reside o perfeito modelo de convivencia.

Agardamos, sinceiramente, aclarar deste xeito algunha das dúbidas que puidesen xurdir sobre o noso xeito de vivir, animando a quen o desexe a coñecernos e participar, porque aínda que pareza que todo rematou, isto non é máis co principio.
Atte. CSO Casa das Atochas
Se a vivenda é un luxo, okupar é un dereito.



1 comentario:

  1. PTAQUEOSPARIU!!! POR SEMPRE S-QUA-TTTERS(M.C.D)

    fdo. Un do sureste.

    ResponderEliminar