12 abr 2011

Desaloxado o CSO As Atochas !!


Segundo informaran as próprias implicadas no CMI Galiza (Información das 12 da manhá):

Nengun/ha detid@ polo momento. A concentración frente a rúa Atocha Alta xa rematou, pese a que a zonas das Atochas continúa tomada pola policía espanhola. Hai varias dotacións de UIP nas inmediacións da okupa e outras dúas nos laterais do Campo da Lenha. Axentes de paisano estaban a grabar imaxes do interior do inmóbel, e parece ser, que o edificio vai ser derrubado no día de hoxe.

Convócase á poboación a unha concentración/cacerolada no Obelisco da Corunha esta mesma tarde sobre as 20h, así coma a unha manifestación en repulsa do acontecido hoxe o sábado vindeiro no Campo da Lenha ás 18h.

--------------------------------------
(información das 10h da mañá):
A Policía ten tomada a rúa da Torre no bairro de Monte Alto, desde as 8:00h desta manhá. Un amplo dispositivo policial espertou hoxe ás activistas que se atopaban dentro do espazo social okupado Casa das Atochas. Golpeando as portas, lograron traspasar as entradas do Centro Social, mentres duas persoas subían ao telhado facendo soar bocinas e despregando unha faixa. O desaloxo durou uns 20 minutos, e para levalo a cabo, foi desprazada até a Corunha unha brigada especial da Policía Nacional.

Nestes momentos unha vintena de persoas concéntranse na rúa da Torre, á altura da rúa Atocha Alta, pero os antidisturbios impiden achegarse máis á emblemática okupa corunhesa por calquera das rúas que a rodean. O propietario do edificio, Pérez Paz, atópase dentro do inmoble, con dous operarios, cremos que pretenden tapiar definitivamente o espazo.
------------------------------
Un Saúdo

Dez,cen, mil Centros Sociais

No hay comentarios:

Publicar un comentario