España pide a EEUU que presione a Bruselas a favor dos transxénicos.
O portal wikileaks revelou uns cables diplomáticos, entre a embaixada en Madrid de estados unidos e o secretario de medio rural, nos que ponse de manifesto a súa alianza a favor dos transxénicos. Nun destes cables(aquí) a embaixada detalla que o cultivo de maíz MON810,resistente ó taladro, foi o 30% do cultivado en España no 2008 (principalmente en Aragon y Cataluña) e o 75% do maíz da UE no 2009. Así mesmo, lamenta a crecente corrente de oposición ós transxénicos nun país tradicionalmente favorable (onde nas enquisas do 2010 os opositores creceron ata o 61% fronte ó 23% favorable). Advertindo tamén que se España cae, o resto de Europa seguiralle.
Deste xeito o goberno de España e o de EEUU revélanse como aliados na súa loita común por abrirlle paso ás multinacionais biotecnolóxicas (Monsanto e Syngenta especialmente) nos mercados da Unión Europea. Únicamente os gobernos da República Checa, Portugal, Rumanía, Polonia, Eslovaquia e España permiten o cultivo do maíz transxénico.
A embaixada de Estados Unidos considera tamén ”beneficiosa” a fusión dos ministerios de Agricultura e Medio Ambiente nun único “superministerio”, pois así poderá diluir e acallar ós sectores máis críticos cos organismos xenéticamente modificados dentro do ministerio de Medio ambiente. Ademáis, a embaixada destaca o nombramento de Cristina Garmendia como ministra de Ciencia, xa que ó traballar coa industria biotecnoloxica (non agraria) é unha aliada no gabinete a favor dos OGM.
Gracias ás filtracións de wikileaks tamén acredítase a intención de EEUU de acadar o apoio do Vaticano ó lobby dos trasxénicos, que polo de agora mostrase tímidamente favorable(cable aquí).
Información tirada da prensa comercial do pasado decembro: aquí
11 abr 2011
O goberno español títere do Lobby dos transxénicos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario