Menos de doce horas despois do desaloxo da okupa coruñesa “Casa das Atochas” a concentración convocada no obelisco reuniu a máis de douscent@s solidarios. Pese ós estériles esforzos dos numerosos antidisturbios, os alí congregados marcharon en provocativa manifestación pola rúa Real, cortando logo ata Panaderas e, desbordando os reforzos policiais chegados ás prisas ó Campo da Leña, arribaron a “Praza das mulheres livres” pra leer un comunicado fronte os tristes muros, sen fiestras nin teito e tapiadas as súas portas, da que foi a Casa das Atochas.
Os momentos máis tensos vivíronse na saída do obelisco, cando, de súpeto e sen aviso previo, a pancarta enfilou o cordón policial e, enlazando ós manifestantes da cabeceira os seus brazos nunha sólida cadea, forcexeouse cos antidisturbios ata desbordalos e marchar berrando consignas pola rúa Real. Os madeiros, que obviamente tiñan orde de non permitir que a protesta cobrase movemento, e moito menos por esa céntrica rúa coruñesa, onde na última manifestación concentráronse a máis grande cantidade de críticas á actuación policial por “permitir destrozos”, puxéronse os seus cascos e tentaron escolta-la manifestación como boamente souberon (ou sexa, a trancas e barrancas).Tamén houbo momentos de tensión ó pasar o Campo da Leña, onde ós antidisturbios esperábanlles os reforzos, pois todo indicou que estiveron a piques de cargar. Ó final optaron por facer un cordón diante da okupa pra evitar que os manifestantes accedesen ó inmoble. Como se alguén quixese un edificio sen teito nin ventás e con orde xudicial ás costas habendo tantos outros baleiros.
Tra-la lectura do comunicado e despois de facer un chamamento á manifestación do vindeiro sábado (o día 16 ás 18:00 no Campo da Leña), os asistentes dispersáronse tranquilamente.
Na prensa comercial de hoxe apenas saen noticias da protesta, en contraste co desaloxo, e as que saen fican relegadas a un segundo plano. Vese que se non hai disturbios a cosa non lles interesa, que o método de protesta que eles califican coma bo e a millor forma de que non che fagan caso, mentres que só es noticia cando fas o que eles din que é malo.
Este sábado, TODOS NO CAMPO DA LEÑA!!!! TODOS COAS ATOCHAS!!!!
Enlace á páxina da casa: Casa das Atochas
(As fotos son da prensa comercial)
13 abr 2011
Primeira concentración polo desaloxo das Atochas. Convocada mani o sábado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario