10 mar 2011

Detencións e seguimento policial ó Bloque Anticapitalista (Coruña)


A raíz das declaracións ante o xuíz dos imputados por “desordes públicas” na folga xeral do 27X, coñeceuse o exhaustivo seguimento ó que foi sometido o Bloque anticapitalista de A Coruña. Ós acusados ,ós que lles piden 9000 euros en danos (imaxinamos que a cuantía de tódolos destrozos acontecidos na cidade), foron detidos despois de que unha patrulla os vira supostamente queimar un papel preto dun contentor de basura. O atestado pretende situar a dous dos detidos nas inmediacións de moitos incendios do mobiliario público o longo da xornada; tamén vencéllanos ás actividades previas do B.A. tales coma asambleas, pases de videos e ó pendurado de faixas.

A nota de humor do informe pona o feito de que chegaran a acordonar unha praza e chamar ós Tedax porque un grupo de persoas de “estética antisistema”, supostamente vinculadas ó Bloque Anticapitalista, tiraron unha mochila nunha papeleira. Na bolsa non atoparon máis que uns petardos, unhas bombas fétidas e unhas pastillas de encendido para barbacoa.

Nos días previos á xornada de loita a brigada de información realizou pormenorizadas vixiancias das actividades do B.A., que incluíron o rexistro da data, lugar e número de asistentes ás asambleas, a infiltración nas actividades públicas, o seguimento dalgúns membros mentres penduraban faixas e a toma de fotografías das pintadas da cidade.

A nova en sí do seguimento policial non ten nada de sorprendente nos tempos que corren , pero pon de manifesto o interese que espertan pra o poder calquera iniciativa que saia das estreitas marxes do establecido. Deste xeito, consideran promotores da iniciativa o C.S Atreu!, ó que califican de ser “independentista e antisistema”, e ó C.S.O Casa das Atochas que pra eles sería “antisistema e anarquista”.
As detencións producense ao redor das 23:30h, cando a policía local recebe unha chamada denunciando que uns palés no Campo da Lenha comezaban a arder, tamén varios contentores. Foi entón cando déronlles o alto os acusados e estes botaron a correr até o Pub Picasso onde entraron os municipais, rexistrando o local e identificándoos. Alí, no chan, atoparon uns anacos de pastillas de encendido. Ó informe recolle que pouco antes, ás 23:00h, un membro da garda civil que pasaba por Panaderas declara ter visto a un individuo con bombachos lanzar un cóctel molotov nun contentor. Non sería ata varios días despois que a policía practica as detencións, pois o día da folga deixáronos marchar tras seres identificados.

Xa vos informaremos do transcurso do proceso.
Novas relacionadas neste blog: aquí, aquí e aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario