9 feb 2011

Tres detidos na Coruña en relación coa Folga xeral do 27X


Dúas persoas foron detidas o pasado día 7 de febreiro e outra máis no día de onte no marco das investigacións dos sucesos acontecidos na Coruña durante a Folga xeral. Aínda que a ningún lle explicaron os motivos concretos da súa detención, si que lles informaron de que a acusación na súa contra é de desordes públicos. Sen embargo, al menos dous deles recibiron unha citación do xulgado aludindo a “delitos sen especificar”.
As primeiras detencións producíronse ás 8 da tarde do día 7 no interior do C.S. A Treu! , ceibáronos ás 12 da noite tra-la comparecencia do seu avogado . A outra detención aconteceu o día seguinte, 8 de febreiro, ás 18:00 e prolongouse ata as 21:30 do mesmo día. Ninguén fixo declaracións.
Non sabemos se están pechadas as investigación ou se haberán novas detencións, aínda que na citación do xulgado só recollense os nomes dos tres detidos como imputados. A comparecencia está prevista para o día 1 de marzo,sorprendentemente cedo para o que o sistema xudicial tenos acostumados.
Estade atentos a próximas convocatorias solidarias .

No hay comentarios:

Publicar un comentario