5 feb 2011

Comunicado do Bloque Anticapitalista da Coruña tra-la folga do 27X


Desde a Asemblea do Bloco Anticapitalista quixemos sumarnos á convocatoria de folga xeral o 27 de xaneiro aportando o noso pequeno grao de area durante as 24 horas desa xornada.

De esta forma, grupos de piquetes autónomos e organizados cortaron, a primeira hora da mañá, algunhas das principais rutas de entrada á cidade da Coruña, con intención de evitar a chegada dun gran número de empregadas/os aos seus centros de traballo.

Tamén se produciron sucesivos boicots ás grandes cadeas de hostalería que sabotaron esta xornada de loita. Algunhas das activistas acudiron ás manifestacións da CIG e de CGT e CUT repartindo entre @s asistentes follas informativas do Bloco Anticapitalista. Durante todo o día fixémonos notar en varias zonas da cidade deixando claro que o 27 foi unha data de loita e rematou con unha concentración no Obelisco herculino convocada para as 18h que contou coa asistencia de algo menos dun cento de persoas e cinco furgonetas policiais. @s axentes antidisturbios vixiaron en todo momento o acto, identificando e cacheando a moitas das persoas que alí se atopaban, sen máis motivo que o feito de ter respondido á convocatoria do B.A.

Vémonos tamén na obriga de facer autocrítica e dicir que para nós esta folga foi, tan só, unha xornada de loita, agardamos que a primeira de moitas, pero non é máis do que un punto e seguido. Que a loita faise todos os dias e nós como clase obreira, estudantes e precarias, temos que seguir na conquista das nosas vidas, para que un día si chegue esa folga xeral pero indefinida, sen partidismos. Unicamente unid@s polo desexo de construír o futuro.

UNIÓN, ACCIÓN E AUTOXESTIÓN!!
NON HAI FOLGA PACIFICA!!
A LUITA E O UNICO CAMIÑO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario