Este sábado 27 de novembro terá lugar no C.S.O. "A Casa das Atochas", na Coruña, a segunda e derradeira data das xornadas de solidariedade co pobo Mapuche (a primeira foi o pasado sábado, tamén con palestra e concertos, pero foisenos a pinza e non o publicitamos neste blog). Tras do habitual xantador de apoio a presos haberá una palestra sobre "Mapuchismo e cultura Mapuche" (ás 20h -horario okupa-), a proxeción dun vídeo e, pola noite, un concerto solidario dos grupos A BASE DE GOLPES (funky/A Coruña) e CHOTOKOEU (rumba-drum'n'bass/A Coruña).
A palestra ECONOMÍA E AUTOXESTIÓN a cargo do ICEA (Instituto de Ciencias Económicas e da Autoxestión, Bilbo) prevista pra esa mesma mañá queda finalmente adiada (xa informaremos da nova data cando a saibamos).
Sábado 27 ás 14.30 horas JANTADOR SOLIDÁRIO COAS PERSOAS PRESAS
ás 20.00 horas XORNADA DE SOLIDARIEDADE CO POBO MAPUCHE:
Palestra MAPUCHISMO E CULTURA MAPUCHE
Proxecións de videos e concerto A BASE DE GOLPES (funky/A Coruña) e
CHOTOKOEU (rumba-drum'n'bass/A Coruña)
Máis información concerto:
http://www.myspace.com/chotokoeu
A palestra do sábado pasado tratou da represión o anarquismo en Chile e Arxentina e tocaron no concerto solidario "Esencia de lapo", "Bitxobola", "La pandilla basura" e unha morea de espontáneos a cada cal máis ruidoso. Tarde piamos.
25 nov 2010
Xornada de solidariedade co pobo Mapuche o sábado 27 na Casa das Atochas (A Coruña)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario