25 nov 2010

Presentación do libro "Caminando hacia el abismo" nas IX Xornadas Libertarias de Ferrol


Reproducimos esta información chegada ó noso correo. Pese a estar informados do resto das xornadas con tempo, non ó subimos ata o de agora por problemas derivados do noso simpático gualtrapismo informal, o mesmo pasounos coas xornadas Mapuches na Coruña, procuraremos estar máis espabilados no sucesivo.

As IX Xornadas Libertarias continúan o xoves coa presentación do libro "Caminando hacia el abismo" de José María Botana Cao "Boti". Este acto vai pechar as xornadas, pois a palestra de Endika Alabort, do "Instituto de Ciencias Económicas y de la Autogestión" foi suspendida por enfermidade do conferenciante.

Xoves 25 de novembro de 2010
Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo)
20:00 horas
Presentación do libro “Caminando hacia el abismo: historia de una generación”, coa presencia do autor, José María Botana Cao “Boti”.
A obra foi editada polo Periódico Anticarcelario “Punto de Fuga” e a Biblioteca Antiautoritaria “Frakaso escolar” en setembro de 2010. Nas súas páxinas, baixo a forma dunha novela, atopamos unha mediatación sobre a xeneración rebelde da transición, cos seus soños e as súas miserias, a súa brutalidade e a súa solidaridade profunda.


mais info na páxina de Unión Libertaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario