A defensa do Bosque Hambach, ubicado perto de Colonia, é unha luita que leva xa mais de 2 anos en activo pola defensa deste patrimonio natural dunha das paraxes máis antigas da Europa e contra das pretensións capitalistas de construir nele a maior mina de carbón marrón a ceo aberto do continente. Varias compas do estado español están lá colabourando na mesma e con motivo delo, participan do blogue do proxecto (http://bosquehambach.blogsport.de/) na súa versión en castelán, onde están a publicar as súas impresións e dan conta das actividades programadas no seu seno e dos aconteceres do día a día. Alén, unha desas compas, nos enviou ao noso correo a última actualización na que denuncian a presencia da policía nos arredores do campamento, e que colamos despois de traducir. Alén, noutro correo nos enviara un convite para o evento que se está preparando para finais deste mes de setembro e comenzos de outubro (do 26 de setembro ao 6 de outubro) en Skillsharing Camp, un encontro aberto a calqueira persoa interesada que se realizará no campamento principal e no bosque e contará con palestras e presentacións, obradoiros prácticos, debates, proxeccións, concertos etc.
Coincidindo co día escollido para unha celebración oficial na que representantes de RWE (a empresa que está detrás da grande explotación mineira que ameaza o bosque) xunto con políticxs locais pensaban inaugurar un novo tramo de autoestrada (construída co obxectivo de seguir facilitando a expansión da mina), esta mañá, o campamento de resistencia no bosque de Hambach espertábase cunha desagradable sorpresa. Efectivos policiais rodearon o campamento para controlar os movementos dos que alí se encontraban, mentres impedían a xente saír (non se podía acceder ao cuarto de baño, nin á cociña freegana, nin a outras instalacións situadas dentro do bosque, nas inmediacións do campamento). Ao mesmo tempo, un continxente de aprox. 100 madeiros invadía o bosque, retirando as barricadas que se construíran nalgúns sendeiros e tratando de desaloxar tamén unha das okupaciones do bosque (Beech Town) onde hai unha cabana nunha árbore e diferentes lugares para durmir a rentes de chan. A policía esnaquizou todo o que habia a rentes de chan, e mobilizáronse unidades de escalada.
Por agora, o campamento segue rodeado. Os madeiros empurraron unha compa cando lles preguntou que querían pero non se produciron altercados notables ata agora, e a mañá intentou transcorrer con "normalidade" (se ben a maioría por seguridade ocultabamos o noso rostro). Estamos á espera de novos feitos.
Para máis información, permanecede atentxs ao blog do campamento, onde iremos actualizando con novas noticias e feitos que poidan suceder ao longo do día.
pdt.- Dicer que no blogue apontan que as 15 horas xa non ficaban policías nen outrxs inimigxs no bosque. Un coche da seguridade privada de RWE estaba pasando sobre as barricadas retiradas pero todo ficou tranquilo. As actualizacións se darán un descanso por agora. Se hai máis acción, actualizaremos de novo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario