Colamos (e traducimos) de ContraInfo:
Os panfletos polo aire foron ben recibidos polas persoas que se atopaban fóra do cárcere (horarios de visita) xa que algunhas persoas pedíronnos panfletos e brindáronnos o seu apoio, outrxs recollían e líanos detidamente. Xs bastardxs carcereirxs mirábannos atentxs, pero só recibiron insultos por parte de nós. No medio dun forte continxente policial.
Deixamos a continuación o texto do panfleto:
"Saudamos con moitísimo amor a todxs xs compañeirxs que se definen en permanente confrontación co Poder, alonxadxs de todo tipo de xerarquías e do Estado/Capital; sen deixar dúbidas nas súas ideas/prácticas, nin menos arrepentíndose destas. Un saúdo fraterno a quen enfrontan o cárcere con dignidade e mantéñense en pé de guerra, sen pausa algunha, mantendo a constancia e a decisión ata as últimas consecuencias. Nós seguimos acá na rúa sen claudicar; solidarizandonos das máis diversas formas posibles, para velxs lonxe da sucia prisión, para seguir co combate que xa non ten volta atrás. Este pequeno texto escribímolo nunha actividade en ARCIS. -Trawun: Encontro pola Liberdade- e nesta ocasión compartímolo e levamos con agarimo ás rúas".
Cando nos retirabamos mentres comentabamos a boa recepción que tivo a información difundida, tivemos unha abrupta e desagradable interrupción. Case chegando a Parque O'Higgins baixáronse tres despreciables suxeitos dunha camioneta que mostrándonos unha placa da PDI dispuxéronse a realizar uns dos seus famosos "controis de identidade", durante varios minutos fixéronnos esperar mentres nos preguntaban imbecilidades, ao que non recibiron ningunha resposta (todo isto mentres exhibían as súas 9mm dos seus pantalóns e ao noso parecer unha UZI que mantiñan na porta do copiloto, xa que a deixaron aberta), unha vez finalizadas as consultas que fan por radio, comezaron a fostigarnos preguntando de novo os nosos datos, que por suposto nos negamos a reiterar (en vista de que os obtiveron cos nosos documentos), xerando unha breve discusión na que unha vez que sinalamos que o control de identidade xa finalizara xa non os facultaba a preguntar tanta tontería, é aí onde nos devolveron os nosos documentos e seguimos co noso camiño durante un intre, para logo deternos a rir polo ocorrido.
Contamos esta situación para quen desexen solidarizar de xeito simbólico cos nosos compañeiros, por medio de diferentes accións no cárcere, no cotián, ou por exemplo no marco da "Convocatoria Internacional polos/as presos/as Anarquistas". Teñan a precaución e/ou coordinen as súas accións para non ter malos intres con estxs despreciables suxeitxs, ou quizais lles alegren o día pola calaña de tonterías que o seu cerebro limítrofe failles preguntar, porque vaia que son "jiles". (Oxalá lean isto. Non nos amedrentan os seus xoguetes e a vostedes pasámolos pola raxa, xunto co seu lixo de institución, de todos os xeitos deixámoslles un consello: Lean un pouquiño de anarquismo, para que non volvan facer o ridículo. Ineptxs jaja).
Para finalizar recordar que o día 8 de Setembro resolverase si se anula ou se manteñen as condenas dos nosos compañeiros Freddy, Marcelo e Juan. E por suposto non esquecemos a Carlos Gutiérrez quen se atopa nun proceso de investigación aberta na súa contra e terá audiencia para o seu peche o 20 de Novembro do presente ano. Desta forma esperamos que as accións solidarias multiplíquense, que a solidariedade sexa máis que palabras entre os círculos anarquistas e que a acción combativa chegue como un vendaval de amor cara a eles e a todxs xs presxs que se manteñen en permanente conflito contra toda forma de autoridade.
¡¡Freddy, Marcelo, Juan e Carlos á Rúa!!
¡¡Contra toda Autoridade: Autoxestión e Guerra Social!!
Colectivo Lucha Revolucionaria.
lucharevolucionaria@riseup.net
No hay comentarios:
Publicar un comentario