27 ago 2014

[Santiago de Chile]: Barricadas e ataque contra as forzas da orde no "Cordón Macul"

Colamos (e traducimos), también de ContraInfo, estoutra noticia de Santiago de Chile

Contra o fustigamento represivo, en defensa das nosas conviccións.

O día mércores 20 de agosto noso sentir antiautoritario materializouse nunha nova xornada de violencia anárquica, de axitación solidaria e de ataque contra as forzas represivas en Avenida Grecia, nos arredores do campus Juan Gómez Milla da Universidade de Chile, no chamado "Cordón Macul con Grecia".

O noso obxectivo: difundir e defender as nosas ideas e prácticas antiautoritarias a través da violencia anárquica no medio dun novo contexto de agudización do fustigamento represivo por parte do poder.

Todxs vimos como, de novo, a través da prensa obediente apúntase a compañeirxs intentando preparar o terreo para detencións coa escusa de atopar responsables por atentados ocorridos no último tempo. Ao mesmo tempo, preténdese sementar o medo entre todxs xs amantes da liberdade, todo isto a 4 anos da "Operación Salamandra" (Caso Bombas) que significou unha aprendizaxe para o inimigo e os seus fiscais e policías sobre como realizar futuras investigacións. Nós debemos tamén aprender para non cometer os mesmos erros. Por isto é necesario saír á rúa e non quedarse mirando a realidade como espectadores pasivos do espectáculo da represión. É necesario defender e fortalecer os nosos valores e principios nos momentos máis difíciles, pois entendemos que estamos en guerra cando as cousas avanzan pero sobre todo cando hai obstáculos, conscientes de que poñemos en xogo a vida no combate permanente que é a vida mesma.

En momentos de agudización da represión a moral tende a fraquear en alguns, por iso os nosos valores, conviccións e principios son o sustento para a defensa e o ataque antiautoritario.

A loita contra toda autoridade nútrese do enfrontamento contra todas as formas de poder e dominación existentes na sociedade: a opresión do Estado, o patriarcado, o sexismo, o especismo, a ideoloxía do progreso tecnolóxico, a obediencia e as xerarquías son engrenaxes da maquinaria da opresión sobre as nosas vidas, sobre outras especies e sobre o planeta. Co noso fervente desexo de liberarnos de todas estas cadeas, pasamos á acción contra cada unha destas expresións do dominio que en conxunto conforman a cultura autoritaria existente desde fai séculos sobre a Terra.

Esta posición activa implica pasar á acción no presente, valorando cada iniciativa que propaga ideas antiautoritarias, pero tamén tomando parte no ataque directo contra a orde social representado nas súas institucións, aparellos represivos e en quen defenden e protexen ao poder desde os medios de comunicación de masas e desde outros espazos da sociedade.

A loita antiautoritaria apunta á construción da liberdade que merece a destrución de todo tipo de poder. Así é como vemos na organización informal entre individuxs afines unha expresión dos nosos desexos de liberdade e un medio efectivo de loita contra o modelo de vida autoritario e contra as propostas organizativas que reproducen os roles e xerarquías presentes na sociedade.

O noso chamado é a propagar a axitación nas súas diferentes formas desenvolvendo unha crítica destrutiva total cara á orde social, a través de valores e relacións libres de dominación e de accións en contra de toda forma autoridade. A nosxs compañeirxs, xs invitamos a manterse activxs e a ser cautxs, pero sen caer en posicións estáticas. O inimigo busca que baixemos a garda e manteñámonos pasivos, non lle deamos no gusto.

Que a acción autónoma contra o poder non se deteña nin esqueza a xs compañeirxs que hoxe non poden estar con nós nas rúas. Por iso o lume das nosas barricadas e das nosas vidas insurrectas saúda a todxs xs compañeirxs presxs e perseguidxs na guerra social, como os compañeiros Diego Rios, xs compañeirxs presxs polo Caso Security, o compañeiro Nikos Maziotis, a compañeira Poula Roupa, e a todxs xs compañeirxs dentro e fóra das prisións.

Que estas palabras cheguen aos seus oídos e rompan a distancia e o illamento imposto pola represión, ás portas unha nova semana de axitación solidaria convocada por compañeirxs solidarixs de diversas partes do mundo. Ante este chamado, o noso saúdo é a acción transgresora que continúa expandiendo a revolta e a insurrección conectando os nosos percorridos de loita contra toda forma de autoridade.

POLA LIBERACIÓN TOTAL
GUERRA CONTRA O ESTADO, O CAPITAL E TODA FORMA DE PODER E AUTORIDADE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario