Xa falamos neste blog, en varias ocasións (AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ), do caso de Pepita Seoane: nai de tres fillos que padecereon a represión do estado pola súa vinculación ao entorno do PC(r) ou dos GRAPO, dous deles con longuisimas condeas e un, Paco, aínda no cárcere. Polas súas declaracións ante un medio comercial de (in)comunicación, nas que se negaba a pedir perdón as víctimas (coma se ela lle fixera nada a ninguén) está agora acusada de enaltecemento do terrorismo pola Audiencia Nacional; mentres os mass media a difaman con calificativos do calibre de "matriarca dos GRAPO".
Pois ben, na Coruña todxs coñecemos a Pepita, polo menos todxs aquelxs que nos movemos ou algunha vez nos movimos por ambientes contestatarios. Moitos de nós crecimos admirando o empuxe inquebrantable desta muller, presente en prácticamente todas as loitas xustas da cidade. Máis aló da ideoloxia que cada quén profesamos, pois a ela tampoco lle importou nunca esa diferencia a hora de apoiarnos axs demáis, todxs os rebeldes, refractarixs e antagonistas da Coruña, así como todxs aquelxs que aínda crean na solidariedade e na xustiza (a de verdade, non a prostituida polos tribunais), apoiarémos o vindeiro sábado 7 de Xuño, ás 20:00h na praza do Obelisco, a nosa compañeira e amiga Pepita, así como berraremos ben forte contra a represión.
O xoves 12, ás 9.00h e dende a praza de Monforte, acompañaremos a Pepita ata os xulgados a arropala e apoiala neste primeiro trance xudicial.
Todxs con Pepita!!
Todxs contra a represión!!!
C.R.
Máis info na páxina do Comité de Solidariedade AQUÍ.
4 jun 2014
TOD@S CON PEPITA E CONTRA A REPRESIÓN!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario