10 jun 2014

Solidaridade con a compañeira Tamara

Pese a que xa se fixeron varias entradas neste blogue falando do tema, colamos estoutra opinión da web Regeneración Libertaria, dado que a xente de ContraInfo ainda mantén na sua páxina o texto acusatorio contra a compa; e iso pese as múltiples peticións de que o retiren, ás que de momento non fixeron caso algún, e se ben podese observar que agora optan por colar opinións contrarias a ese texto difamatorio, cicais pretendendo facer un lavado de cara e contrarrestar as críticas recebidas por dar pábulo a tal esperpento. Pero a cara xa está emporcallada e máis cheia de merda desde que se posicionaran nun seu comentario con a frase (sic): "no guardamos ninguna relación con gente que plantea amenazas, o con gente que ha aceptado indultos". E deste xeito procuramos contrarrestar o dano feito; colamos pois (traducido):

Xa pasaron varios días dende a publicación en Contrainformación daquel infame, acusatorio texto contra a compañeira Tamara Hernández. As réplicas foron numerosas, e o/a autor/a ou os/as autores/as orixinais non volveron dar signos de vida. Como xa sinalaron outrxs, todo isto ule bastante mal: o texto non vai asinado, non se especifica quen supostamente delatou Tamará, nin as accións que estas supostas persoas realizaron. Moitos supostos que doadamente se evaporan no aire por falta de peso e probas. Todo ule a madeira fascista.

Por outro lado, e tamén como outrxs sinalaron, a cuestión de aceptar un indulto é fariña doutro costal. Haberá compañeirxs que prefiran morrer nos cárceres do mundo antes que aceptar un indulto. Haberá outrxs compañeirxs máis dispostxs a usar as ferramentas legais que o Estado opresor proporciona. E haberá outrxs que segundo o contexto se decidan por unha cousa ou outra. Sexa como sexa, e dado que estamos a falar dunha compañeira que estaba encerrada por xogarlla (que xa é moito máis do que moitxs din facer), creo que ninguén ten dereito algún a emitir xuízos morais sobre xs compañeirxs que decidiron pasar á acción directa contra o Estado e os seus carcereiros. Quen está encerradx no cárcere é porque realmente intentou dinamitar ao Estado e os seus "paladíns", así que sexa esta mesma persoa a que decida, dende o cárcere, que quere facer coa súa vida. Ao resto tócanos alegrarnos de 1) ter compañeirxs dispostxs a dar a vida pola anarquía e as súas ideas, e 2) de velxs, en caso de que saian da trena, e telxs preto para abrazalxs, conversar con elxs, e seguir loitando.

Quen decide pasar á insurrección sabe que pon a súa vida e liberdade en risco. E que máis prezado que a liberdade para un/nha libertario/a? Aínda así hai xente que decide sacrificar o pouco que temos para avanzar cara a un ben común ao que algún día chegaremos. Sen coñecer persoalmente a Tamara, creo que este é o seu caso. Nin somos quen para dicirlle se aceptar un indulto foi o acertado ou non (da mesma forma que non fomos quen para dicile se mandar aquel paquete foi o acertado ou non), nin somos quen para ir tirando acusacións infundadas ao aire. Dende o humilde espazo que Regeneración Libertaria me proporciona, solidarízome coa compañeira Tamara e todxs xs presxs políticxs que soñan dende os cárceres do mundo. A todxs elxs lles desexo a máis sincera felicidade. Da persoa (ou persoas) que escribiu o texto que deu orixe a todo isto soamente espero que sexa un can do Estado ao servizo da opresión e da tortura, porque se fose un/nha compañeiro/a ácrata estariamos ante un día moi triste para xs nosxs.

Morte ao Estado! Lume aos cárceres! Presxs á rúa!

Asdo: La Colectividad (escribo baixo pseudónimo plural porque creo que a miña completa liberdade individual chegará de xeito colectivo. Para xs que nos despreza e reprimen soamente direilles: votedes a quen votedes, nos somos ingobernables!)
.....................
Introducción do artigo en Abordaxe feito x eDu

4 comentarios:

  1. De verdad,
    confundís el magnesio con la gimnasia,
    y así nos va.
    Venga a seguir jugando chavales.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Obrigado pelo de "chavales" (ainda que também há "chavalas")

      jogando quem a quê? a ser solidárias com umha compa?? ou a ser vozeiros de acusones sem provas, ao estilo policial??

      a luita nom é um jogo e se tocam a umha nos tocam a todas!!

      Eliminar
  2. Totalmente de acordo coa entrada. Ninguén é quen para xulgar a decisión de tomar ou non tomar un indulto. Entendo que pode ser criticable o facer tratos co Estado, pero é unha decisión puramente persoal que ninguén máis que quen está presx e a quen se lle ofrece ten por que meterse. Tamara arriscouse e deu un paso adiante na loita cos seus actos, quen é ninguén para xulgar as opcións que ela escolleu despois, sendo que non perxudicou nin traicionou a ningúnx compa? (se o fixo, que o proben, que falar e desprestixiar dende o anonimato é moi fácil).

    Tendo en conta a súa circunstancia persoal non creo que ninguén lle teña nada que reprochar. E sen tela en conta tamén, que carallo, había que ver como nos comería a cada unx de nós a desesperación ao vernos secuestradxs polo inimigo. Todxs deberíamos estar contentxs de ter a unha compañeira de novo entre nós, alegrarnos por empatía con ela, porque nos fai feliz que xs nosxs estén entre nós. E porque calquera de nós é máis valiosx fóra que dentro.


    E o comentario anterior.... que carallo quere dicir?

    ResponderEliminar
  3. +Ateneos, -Colegios11 de junio de 2014, 12:43

    Joer, lo que queda más que claro es que en Galicia sois todos bastante pro-Tamara. Aplaudiros por vuestra reacción rápida y unánime ante este tipo de situaciones canallas.

    Saludos desde Guadalajara (España, jjajaja)

    ResponderEliminar