Damos pulo a esta información recibida:
En novembro 1869 un evento causou pánico en Moscú. O corpo de Ivan Ivanovich Ivanov foi encontrado no fondo dun lago. Por trás do crime escondiase Sergei Nechayev, un mozo niilista líder de unha sociedade secreta chamada A Xustiza do Pobo, “un monxe cruel de unha revolución desesperada - escrebera Albert Camus - cuio soño máis evidente era fundar a orden asasina que iría espallar e finalmente triunfar pola divinidade negra para que decidiu servir". Mais había máis: Nechayev non estaba soziño. Falabase de células terroristas infiltradas nas principais cidades do país e dispostas a levar a cabo asasinatos e atentados. Mais tarde, soubose que o misterioso Nechayev non traballa soziño, mais era un delegado de Mikhail Bakunin. Todos tremeram ante o "deus negro”. Bakunin e Nechayev, contando con a chegada dunha revolución aniquiladora e hixiénica, asinaran O Catecismo Revolucionario, un dos textos máis polémicos, violentos e odiados da historia, un documento que logo inspirou unha nova xeración de terroristas e que, ao mesmo tempo, provocou alarme entre as autoridades policiais e entre a elite política. Pouco depois foi descoberto que Nechayev traizoara e roubara ao mesmo Bakunin, cuia amizade con o niilista valeulle a expulsón da Internacional. Dostoiévski, a partir deses eventos, baseou seu famoso romance Os Demos, onde as personaxens Bakunin e Nechayev aparecen.
Este libro, xuntamente con o Catecismo Revolucionario, recolle textos e anotacións de Dostoiévski e reveladoras cartas de Bakunin, narra un dois episodios máis emocionantes e fantásticos do século XIX, que serviu para configurar o terrorismo moderno, as sociedades secretas políticas e as teorias da conspiración. Esta é a incríbel história de Nechayev, “o primeiro terrorista" (Camus), unha "combinación esmagadora e sen paralelo de fanático, arrogante e rude" (E. H. Carr), e iso do fascinio que este despertou en Bakunin, que non hesitou en calificalo como heroe, conspirador profisional e crente sen Deus. E tambén Dostoiévski, que dedicou grande parte de súa vida luitando contra os niilistas, que describeu como "demos".
La Felguera Editores publica este libro coincidindo con o bicentenario do nacemento de Mijaíl Bakunin (30 de maio de 1814)
Máis información na súa web:
La Felguera Editores, Colección Memorias del Subsuelo. Madrid 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario