19 jun 2014

"Revista Aullidos #2" - publicación anarquista

Recibimos na nosa caixa de correos un pedido de difusión desta moi interesante revista anarquista (en castelán) que nasceu en abril deste ano e xa vai polo 2º número.

Realizada no territorio "domeñado" polo estado de $hile. Se ben non consideramos importante o lugar da súa feitura senón a propia feitura en si. E tras botarlle unha ollada por riba, podese apreciar que está feita con calidade e abrangue uns temas comúns a calqueira, mores onde mores. Colamos a editorial deste seu 2º nº e máis o índice (que traducimos) e oferecemos os enlaces para a súa descárrega ou leitura dos dois nºs editados ata agora.


Editorial:

A pasos firmes, segurxs e rabiosxs contemplamos o andar do porvir e o seguir crendo en nós mesmxs, chuspindo os nosos ansiosos desexos de continuar expandindo, comunicando, aumentando e sumando á chama que xa esta acendida da apreciada revolta.

Derrubando todo acto de coacción e aniquilando todo individuo que nos programe e nos goberne na cotianidade.

Así é como nos animamos a comezar o noso segundo tomo de "Aullidos", rompendo o silencio e a inactividade constante do noso día a día.

Coidado irmáns afíns, camiña con coidado, cautelosx, sixilosamente e vixía dende as túas costas que o estado e os seus lacaios nos perseguen e á vez nos temen pola peste que propagamos e accionamos polo fin da orde actual e o desta sociedade auto-destrutora.

Rompamos a constante apatía presente na rutina, que volva a inquietude, a iniciativa, a inspiración que motivos non son poucos para seguir loitando pola rebelión.

A palabra é acción!

e a acción reafirma a palabra!


Índice:

páx 2 - "Sobre o Amor"
páx 5 - Indixs norteamericáns e vexetarianismo
páx 11 - Faino ti mesmx : Leites de avea, amendoas, sésamo, Pan de plátano
páx 13 - Mediciña Natural: Liñaza ou liño, perexil, allo, alfábega, "cochayuyo" e "chilco"
páx 17 - Copa do Mundo?
páx 20 - Bosquexo da vida dun guerreiro - Marco Camenisch
páx 24 - Cultivos forestais: Inimigos da vida
páx 26 - "A Abolición do Traballo" (fragmento) x Bob Black

Enlaces para descárrega ou leitura:

- Aullidos 2
- Aullidos 1

No hay comentarios:

Publicar un comentario