19 jun 2014

[Chile] Hermes e Alfonso na rúa!!

Onte mesmo publicamos a noticia de que estes dois compas sairan do cárcere despois de ser condenados a 5 anos de liberdade vixiada. Agora recollemos do blogue "Instinto Salvaje" este comunicado co gallo da súa saída da prisión:

"Un saúdo caloroso e fraterno a todxs xs compañeirxs que manteñen vivo o recordo do noso irmán Angry e se solidarizan con nos, correndo os seus propios riscos e multiplicando a propaganda polo feito. Un abrazo apertado para cada un/unha de vostedes, acá en $hile ou en Argentina, Turquía, Alemania, Indonesia e en cada canto máis lonxe ou máis preto. Os seus xestos avivan o lume que levamos no noso interior. Os nosos corazóns están con vostedes". (Palabras de Alfonso e Hermes dende o Modulo de Máxima Seguridade, unhas semanas antes de saír en liberdade)

Este venres 13 de Xuño e xestionado pola defensa de Hermes e Alfonso, a cargo da defensoría Popular, no 1° Xulgado de Garantía de Santiago levouse a cabo un xuízo abreviado onde os compañeiros foron condenados a 5 anos de presidio menor no seu grao máximo, cumpríndose co beneficio de liberdade vixiada intensiva. Os compañeiros aceptaron os cargos de tenza ilegal de arma de fogo e roubo con intimidación. A nosa profunda gratitude ao equipo da defensoría popular polo traballo realizado.

Queremos difundir e compartir a alegría que nos xera que os nosos irmáns pisen novamente a rúa xunto os seus e agradecer a todxs xs compañeirxs que en todo o globo manifestaron que a solidariedade e o apoio mutuo é unha consigna viva. Puntualmente queremos agradecer axs compañeirxs que nos axudaron coa difusión e propagación da súa situación carceraria por diferentes medios, axs compañeirxs que nos prestou un espazo radial para comunicarnos e romper co illamento, á Biblioteca La Hiedra que serviu como centro de abasto, axs compas que levaron as súas achegas, as súas cartiñas e axs que semana a semana se encargaron da encomenda.

En fin, agradecer a todxs xs compañeirxs e irmanxs que coas súas accións de toda índole solidarizaronse activamente coa súa prisión, expandindo a idea de destruír a explotación e dominación, construíndo no presente un mundo sen autoridade.

Por ultimo, estes seis meses de prisión de Hermes e Alfonso, víronse acompañado do sabor máis triste e amargo da loita, a dor da morte que caeu sobre nos. Angry, a túa ausencia física é irreparable, pero a memoria combativa mantenche presente na pelexa contra a autoridade. Recordarte é tarefa de cada compañeirx no mundo que sinta e queira facelo. A ti, ao Mauri, ao Jonny e a todxs xs compañeirxs caídxs recórdaselles con xestos e actos dispostos a destruír esta orde de explotación.

A destruír o circo mediático que xustifica a vinganza do poder:

Solidariedade Activa cos compañeiros Fredy Fuentevilla, Marcelo Villarroel e Juan Aliste.


As malditas celas encarceran os seus corpos, pero xamais o seu espírito irredutible e inimigo da dominación: Sol Farias Vergara, Carlos Gutierrez Quiduleo, Hans Niemeyer, Alejandro Astorga, Rene Sanhueza, Jorge Mateluna, Francisco Solar, Mónica Caballero, Nicolas Olivares e todxs xs presxs da guerra social. PRESENTES¡¡

SEBASTIAN "ANGRY" OVERSLUIJ SEGUEL, VIVES EN CADA CORAZON QUE SE LANZA Á LIBERDADE!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario